Leite

Lely: Algo máis que robots de muxido

A marca holandesa Lely ten diversos periféricos que lle poden axudar no día a día da súa granxa e mellorar a saúde das súas vacas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/10/2022 11:09 a.m.

Sempre que se fala de Lely é inherente falar de robots de muxido, pero a firma holandesa non é só sinónimo de muxido, xa que moitas máquinas están deseñadas para facer o día a día dos gandeiros máis fácil e ademais mellorar a saúde dos seus animais.

Lely ten unha ampla gama de periféricos para o coidado das vacas e das explotacións, así como tamén, para facilitarlles a vida aos gandeiros nas tarefas diarias da granxa. Arrimar a comida ou limpar os patios de exercicio nunca foi tan fácil.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lely Luna

Lely Luna é o cepillo rascador para as vacas. Unha vaca que goza de boa saúde é unha vaca máis feliz, máis sa e produce máis. A saúde das vacas pode mellorar cun coidado adecuado da pel. O Luna cepilla a pel e estimula a circulación do sangue. Isto fai non só que a vaca estea máis relaxada senón que o rabaño estea tamén máis tranquilo.

O cepillo acciónase por contacto e rota en dirección oposta en canto o empurra a vaca. Ao ter dúas direccións de rotación, as cerdas do cepillo mantéñense intactas durante máis tempo. O número mínimo de pezas móbiles permite que as necesidades de mantemento sexan baixas, o cal á súa vez aumenta a súa duración.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este cepillo pode instalarse facilmente de diferentes maneiras. Funciona igual de ben como unha instalación independente que montado na parede.

Lely Discovery

O Lely Discovery é o limpador de solos emparrillados. Un chan limpo prevén posibles problemas cos cascos e mantén limpas as colas e os ubres. As vacas compórtanse de forma máis natural nunha contorna limpa, o que permite detectar antes os períodos de celo. Unha granxa limpa e hixiénica tradúcese nun aumento dos niveis de saúde e benestar das vacas.

O Discovery limpa o establo as 24 horas do día, os 7 días da semana, todas as semanas do ano. Ás horas e nos roteiros que decida. Para gozar dunha corte limpa na que traballar de xeito cómodo e seguro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O Discovery quítalle traballo da súa rutina diaria e chega a todos os recunchos do establo, algo fóra do alcance das arrobadeiras ou as limpezas por flushing. Este limpador de patios pode configurarse para que funcione varias veces ao día e manteña a súa granxa limpa as 24 horas do día.

O Lely Discovery na súa versión 90 SW incorpora como característica adicional unha función de aspersión de auga. Este rocía a sucidade e mellora os resultados da limpeza. Ideal para un establo enxoito ou cun grao de ocupación inferior.

Lely Discovery Collector

O Discovery Collector está especificamente deseñado para establos con pisos lisos e adopta un enfoque diverso. O Collector non empuxa o esterco, senón que o aspira. Isto fai que a acumulación de esterco, no que se atopan as vacas, sexa cousa do pasado. Isto non só fai que o piso estea máis limpo, senón que tamén garante que os cascos das vacas permanezan máis limpos. Isto mellora tanto a saúde da vaca como o benestar dos animais.

O Collector non require cables nin canlóns. Isto asegura un ambiente de vida máis seguro para as vacas. Grazas ao seu deseño compacto, o Discovery pode circular facilmente entre as vacas.

O Collector rocía auga desde a parte dianteira e traseira da máquina. Pulverizar desde a fronte dá como resultado unha mellor inxesta de esterco, e desde a parte posterior para deixar un piso mollado para un agarre adicional. Máximo resultado e seguridade.

Os roteiros e a frecuencia de limpeza pódense configurar para que coincidan coas súas ou co ritmo diario das vacas para que as cousas sexan o máis fáciles posibles. E se desexa axustar o programa, por calquera razón, pode facelo facilmente usando o seu teléfono móbil coa aplicación Lely Control Plus.

Lely Juno

O Lely Juno é o arrimador de comida da marca holandesa, co que aumentará a frecuencia da subministración de alimento. Grazas ao Juno a inxesta de comida será maior tanto durante o día como durante a noite. Isto non só ten un efecto positivo sobre a saúde dos animais, senón que tamén mellora a fertilidade, a produción e os seus resultados económicos.

Co arrimador poderá aforrar ata 180 horas de traballo ao ano, un tempo valioso que pode dedicar a outras actividades na súa explotación. Ademais, beneficiarase de contar cun corredor de alimentación limpo, e dunha redución no consumo de combustible, xa que non necesitará usar o tractor para arrimar a comida.

O Lely Juno seguirá a cornadiza ao mesmo tempo que o seu mecanismo xiratorio inferior empuxa o alimento cara a ela. O control do Juno resulta sinxelo grazas á súa aplicación para todos os smartphones.
Os Junos veñen equipados cun pastor eléctrico e unha luz led para mellorar a visibilidade da máquina, ademais de son acústico que fai de chamada para as vacas cada vez que sae a realizar a función de arrimado.

Na súa versión flex, el Juno, pode desprazarse por fóra da granxa levantando a súa falda sen arrastrar o alimento e gañando desniveis nunca vistos. Ademais de posuír un motor de empuxe de cada lado, o que reducirá as horas de traballo da máquina.

Lely Cosmix

O Lely Cosmix é a cabina de subministración de concentrado que comercializa Lely. Unha ferramenta moi cómoda se conta con robot de muxido, a fin de adestrar á vacas para que acudan nun futuro mellor ao muxido.

Dar á vaca a alimentación que necesita mellora a saúde do rume e aumenta a produción de leite. O Lely Cosmix, xunto co robot Lely Astronaut, garante que cada vaca reciba a cantidade de concentrado que require. O Cosmix fornece concentrado ás vacas que non consomen o suficiente durante o muxido, ás xovencas e ás vacas secas.

Grazas aos colares de identificación dos animais, e ao software de xestión Lely Horizon, o Cosmix sabe con precisión canto concentrado lle pode fornecer como máximo a cada vaca durante 24 horas.


O Lely Cosmix proporciona numerosas vantaxes, por exemplo, rumes máis sans, maior produción de leite ou unha alimentación máis eficiente. Esta cabina é fácil de adaptar a cada establo ocupando aproximadamente o sitio dun cubículo. Na súa versión P, o Cosmix, ten unha porta que fai que o animal non sexa molestado polo resto do rabaño mentres inxere o penso.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada