Leite

Leite Río deixará de recoller o leite a 24 explotacións de Rodeiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/07/2015 10:49 a.m.

Leite Rio deixará de recoller o leite a 24 explotacións de Rodeiro (Pontevedra) en 15 días, en total 25.000 litros diarios.

O presidente de Leite Río, Jesús Lence, asegurou a Campo Galego que “Leite Río non ten previsto deixar de recoller a ningún gandeiro en Rodeiro, senón que o problema ven de que ao transportista que segue esa ruta picáronlle as rodas e furáronlle unha das cisternas nesa zona, e a partir de agora en vez de facer dúas viaxes ao día só vai poder facer unha”. Así o fai constar tamén nunha carta dirixida aos gandeiros.

Dende as organizacións agrarias e alcaldes da comarca criticaron con dureza o que consideran "unha decisión arbitraria de Leite Río" que pon en perigo o futuro das explotacións. O alcalde de Lalín, Rafa Cuiña, acusou ao presidente de Leite Río de "practicar o terrorismo económico".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A este respecto, a ministra de Agricultura pediulle onte á industria láctea que “faga un esforzo adicional” para que non quede leite sen recoller. Pola súa parte, o presidente da INLAC e responsable de gandería de ASAJA, Ramón Artime pediulle á industria que "recapacite" e que se "dea conta" de que os gandeiros “sonlle fundamentais”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada