Leite

Lasurgal, o reto de valorizar o leite galego

A industria láctea melidense presenta un proxecto de transformación no que entran a cooperativa Icos e XesGalicia. Queixos e subprodutos de alto valor engadido, obxectivos principais da iniciativa

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 02/09/2015 10:27 p.m.

O proxecto emprendido conxuntamente pola industria láctea Lasurgal, pola cooperativa Icos e por XesGalicia (Xunta) tivo hoxe o seu arrinque formal cunha visita á factoría melidense da conselleira de Medio Rural e do conselleiro de Economía. A alianza de Lasurgal con Icos e XesGalicia –que entran no accionariado da empresa- vai dirixida principalmente a elaborar queixos e subprodutos de alto valor engadido a partir do procesado de leite e soros. A elaboración de produtos industriais completa a oferta da firma.

A filosofía do proxecto presenta dous puntos fortes destacados hoxe polos responsables da Administración autonómica, como son a implicación das explotacións lácteas na transformación industrial e a fabricación de produtos de maior valor engadido que o envasado de leite líquido. “O sector produtor está percibindo que é importante implicarse naquilo que lle dá máis valor engadido a súa materia prima. A entrada de Icos en Lasurgal é un paso máis dun proceso que se vai consolidando”, valorou hoxe a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana.

A empresa incide na mesma análise. “O reto en Galicia é vivir do leite, que se acometan proxectos que permitan pagarlle máis o leite ó gandeiro”, resumía no acto un responsable da firma melidense.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A manteca de vaca é unha liña de traballo na que Lasurgal é pioneira a nivel ibérico

O traballo da industria a partir de agora encárase en varias fases. Ó longo do 2015, a empresa continuará a traballar nas liñas que xa viña desenvolvendo, centradas principalmente na obtención de produtos dirixidos ás industrias lácteas (natas, soros concentrados, leite desnatado, etc.) e na potenciación de subprodutos de maior valor engadido, como a manteca cocida de vaca, unha liña na que Lasurgal é pioneira a nivel ibérico.

Manteiga 
A manteiga obtense da cocción da manteiga, sobre a que presenta unha importante vantaxe nutricional, xa que no seu proceso de elaboración elimínanse as graxas solubles, co que desaparece a maior parte do colesterol. Outro punto a favor da manteca é que a evaporación da auga durante a cocción aumenta o tempo de conservación do produto e facilita a súa posible exportación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lasurgal estuda a distribución da manteca tanto nos canais Horeca (hostelería, pastelerías, etc.) como a súa posible venda ó por menor como produto gourmet. “Ten un gran potencial tanto para cociñar como para repostería” -valoran en Lasurgal-. “Só falta desenvolver o mercado, que pode ser moi importante en países que usan habitualmente a manteiga para cociñar". O produto, coñecido a nivel internacional como ghee, ten a súa orixe na India e en Europa está presente en países con poboación india, como Gran Bretaña. En España, só se fabrica polo de agora en Galicia.

Queixos e leite en po
De cara ós próximos exercicios, 2016 e 2017, a prioridade da empresa céntrase en integrar no proxecto a unha queixería co obxectivo de chegar a mercados nacionais e internacionais con queixos de calidade, amparados por denominacións de orixe ou polo selo de Galicia Calidade. Nos últimos meses trascenderan as negociacións con Lácteos Pérez Olveira (Santa Comba) e coa queixería Ruta Xacobea, pero polo de agora non fructificaron esas conversas e descoñécese o socio ou socios queixeiros que poderían entrar no proxecto.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_14220" align="alignright" width="320"] Interior da factoría.[/caption]

O seguinte paso, tras a implantación da liña de queixos, será a construcción en Melide dunha torre de leite en po que permitirá aumentar os volumes de leite manexados. A súa posta en marcha non se producirá previsiblemente antes do 2018.

Lasurgal está movendo actualmente uns 150.000 litros diarios de leite, que se duplicarán ata os 300.000 litros en menos de dous meses, e uns 200-250.000 litros de soro, que aumentarán tamén ata os 300.000 litros. A previsión é que a optimización do traballo da planta de Lasurgal se sitúe preto dos 390.000 litros diarios de leite, cifra á que se pretende chegar nuns meses.

O proxecto contará cunha torre de leite en po, que previsiblemente non estará en marcha antes de 2018

A entrada de Icos supón para Lasurgal unha fonte estable de aprovisionamento e tamén unha inxección de capital, pois a cooperativa aporta un millón de euros ó proxecto. XesGalicia, pola súa parte, formalizou un préstamo participativo de 1,9 millóns de euros e tamén estará presente no consello de Administración de Lasurgal, que preside Jaume Llopis, un recoñecido xestor con 40 anos de experiencia na industria agroalimentaria española. O acto de hoxe contou coa súa presencia e tamén coa participación de Javier Taboada, presidente de Icos, e de Eugenio Rey, xerente de Lasurgal.

[caption id="attachment_14222" align="aligncenter" width="660"] Foto de familia de responsables da empresa e representantes institucionais tras a visita.[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada