Viña

Elixidas as presidencias de Monterrei, Ribeira Sacra e Agricultura Ecolóxica

Lara da Silva é a nova presidenta de Monterrei, en tanto na Ribeira Sacra repite José Manuel Rodríguez. Francisco López é o novo presidente do Craega.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/07/2017 7:42 p.m.

Os novos consellos reguladores de Monterrei, Ribeira Sacra e Agricultura Ecolóxica constituíronse este xoves, tras as eleccións celebradas este mes. En Monterrei, a sesión do pleno serviu para escoller por maioría á nova presidenta da DO, Lara Da Silva Rodríguez, e á vicepresidenta, Concepción Paradela.

O acto, que presidiu o xefe territorial da Consellería do Medio Rural, Yago Borrajo, comezou coa toma de posesión dos vogais electos: Elisardo Rodríguez Nieves, Aníbal Blanco Núñez (representante de Pazo Blanco Núñez, S.L) e José Antonio Da Silva Pereira, do sector productor, censo A; Concepción Paradela Martínez (sector industrial B1), Ernesto Rodríguez Zarraquiños (representante de Crego e Monaguillo, S.L.) e Cristóbal Boo Rivero (representante de Boo-Rivero, S.A.T.) polo sector industrial B2, e José Carlos Cid Torres, do sector cooperativo C.

A continuación, sometéronse a votación as candidaturas para presidencia e vicepresidencia. A nova presidenta da DO, Lara Da Silva Rodríguez, é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo e diplomada en Criminoloxía pola Universidade de Santiago. Será a séptima persoa en presidir a entidade: “Agradezo o apoio outorgado polas persoas do sector vitivinícola para confiar na miña persoa para este cargo”, indica a nova presidenta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

De cara ó futuro, o seu obxectivo é “continuar traballando polo crecemento da DO Monterrei, tanto en termos cualitativos como cuantitativos, apostar pola internacionalización, así como intensificar as accións de defensa e promoción do sector do viño de Monterrei”.

A denominación de orixe de Monterrei está conformada por 446 viticultores, 25 adegas e ten unha superficie de viñedos de 575 hectáreas na comarca de Verín.

[caption id="attachment_48735" align="aligncenter" width="660"] Pleno de constitución da Ribeira Sacra.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ribeira Sacra
Na Ribeira Sacra, nunha sesión presidida pola directora xeral de Gandaría e Agricultura, Belén do Campo, reelexiuse por unanimidade como presidente do Consello a José Manuel Rodríguez González. Tamén por unanimidade foron elixidos vicepresidentes César Enrique Diéguez, da adega Cachín (polo sector elaborador) e Juan Carlos Varela Aguiar (polo sector produtor).

[caption id="attachment_48732" align="aligncenter" width="660"] Pleno de constitución do Craega.[/caption]

Agricultura ecolóxica
En canto ó Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica, elixiuse como presidente a Francisco López Valladares, un gandeiro de ecolóxico que hai uns anos impulsou a primeira queixería ecolóxica de San Simón da Costa, Casa Ánxel. Como vicepresidentes, en representación do sector industrial foi nomeada Rocio Freire Rodríguez, en tanto José Antonio Fernández será o vicepresidente polo sector produtor.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada