Viña

Lanzan “Dr. Zas”, un destilado picante con Pemento de Padrón

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/11/2017 6:36 p.m.

A empresa galega Galician Orixinal Drinks, con sede en Vedra e autora de éxitos como a xenebra Nordés e os vermús Nordesía, presentou este mércores en Santiago de Compostela "Dr. Zas", unha bebida destilada picante que ten como ingrediente estrela ao Pemento de Padrón.

"Volvemos liala con Dr. Zas" sinalou Xoan Cannas, copropietario da firma xunto a Juan Luís Méndez e Pepe Albela, o mestre destilador. Destacou que este novo produto responde perfectamente "á filosofía desta pequena empresa galega, que traballa con produtos icónicos do campo galego para polos en valor". Contan cos antecedentes, que foron recoñecidos a nivel mundial, como a xenebra Nordés e os vermús Nordesía.

Tanto Xoan Cannas como Juan Luís Méndez explicaron que no mercado existen outras bebidas de herbas "pero nós buscamos hai xa ano e medio, unha bebida que picase e nada mellor que o pemento padrón, do que temos 400 plantas na nosa destilería de Vedra, como produción propia".

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Un destilado picante elaborado con produtos galegos e cunha gradación do 30%

O mestre destilador Pepe Albela indicou que foron moitos ensaios e probas: "Foi complicado porque o pemento picante tiña que ensamblar correctamente cos destilados", explicou. Nesta presentación os autores da nova bebida indicaron que "Dr. Zas, cunha gradación do 30 por cento, responde a un destilado picante de elaboración artesanal e totalmente feito con produtos do campo galego".

"Conxugamos tradición e innovación e controlamos toda a produción desde a plantación dos elementos ata o destilado e envasado na nosa destilería, dentro dun terreo de 2 hectáreas en Vedra", destacou Pepe Alvela.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Ninguén se atreveu a facer algo igual -indicou Xoan Cannas- pero Pepe Albela fixo moitas probas e conseguiu unha bebida alcohólica única".

Pero a empresa Galician Orixinal Drinks non para e xa anuncian dous produtos máis para o próximo ano, pero sempre e seguindo a esencia fundacional que imprime o carácter deste tres emprendedores, con produtos do campo galego. "Queremos achegar valor engadido aos produtos da terra", sinalaron.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada