Agroalimentación

Láncara exalta durante esta ponte a carne de Tenreira Galega

28/04/2017 1:14 p.m.

O concello lucense de Láncara celebra dende este sábado e ata o luns, 1 de maio, a súa tradicional Feira Degustación de Tenreira Galega. A cita exalta este produto de alta calidade que se produce nun bo número de ganderías do concello inscritas na IXP Ternera Gallega e que realizan unha crianza natural dos xatos a base de leite materno, pastos e cereal.

O programa da feira, que este ano chega á súa edición número dezanove, inclúe un amplo abano de actividades para os veciños e visitantes: poxa de gando vacún e cabalar, festa dos maiores, menú degustación de tenreira galega a un prezo de 13 euros ou degustación gratuíta de queixos galegos con denominación de orixe.

Velaquí o programa completo da Feira Degustación de Tenreira Galega que se celebra na Pobra de San Xiao:

Ir a la portada