Leite

Lalín acolle os XVIII Encontros Gandeiros de Xundeva o 9 de novembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/10/2023 8:14 p.m.

A Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra o xoves 9 de novembro os seus XVIII Encontros Gandeiros. Este ano a cita volverá celebrarse no Pazo de Liñares, en Lalín (Pontevedra).

Na xornada tratarán temas de relevancia para as ganderías como algúns dos cambios que introducen as novas normativas europeas, coa figura do veterinario de granxa, así como a enfermidade hemorráxica epizoótica (EHE) que está a supoñer un desafío para as ganderías.

A continuación, detallamos o programa da xornada:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-11.00 horas. Recepción e café de benvida.

-11.30 horas. Apertura das xornadas. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva. Marcos Mariño García, concelleiro do Medio Rural do Concello de Lalín.

-11.45 horas. Normativa Europea de Sanidade Animal: Veterinario de explotación. Santiago Martínez Calvo, xefe de sección de Sanidade Animal da Subdirección Xeral de Gandería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-12.30 horas. Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE): Enfoque a nivel de rabaño. “Do banal ó grave, do individual ó colectivo”. Manuel V. Morales, Veterinario Oceva. Hipra.

-13.15 horas. Experiencias gandeiras: Continuidade do negocio e adaptación ás novas normativas. Carlos Carbonell Baeza. Técnico Veterinario de vacún de leite MSD. Animal Health. Suso Vigo López e Suso Andújar Trigo. Gandería Berdón. Manuel Donsión.

-14.15 horas. Clausura. Jorge Cubela López, deputado de Reto Demográfico, Xuventude e Desenvolvemento Rural. José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín. Manuel Fernández López, presidente de Xundeva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-14.45 horas. Xantar de traballo.

-Descarga aquí o programa da xornada.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada