Axenda

Kemin organiza en Lugo unha xornada sobre Nutrición de Vacún de Leite

27/05/2018 7:39 p.m.

A empresa Kemin Animal Nutrition & Health-EMENA organiza a VII Xornada Técnica sobre Nutrición de Vacún de Leite, que terá lugar o vindeiro luns 2 de xullo no Hotel Santiago de Lugo.

Nesta edición, contarase con José Eduardo Santos, da Universidade de Florida, que disertará sobre o balance anión-catión en periparto e sobre as vantaxes da formulación en Aminoácidos.

A asistencia é libre pero, debido a que o aforamento é limitado, é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico á dirección javier.lopez@kemin.com Deberase indicar nome, número de persoas interesadas, empresa, teléfono móbil e correo electrónico dos asistentes.

Para calquera información adicional poden chamar ao número 696143465.

Este é o programa provisional da xornada:

Etiquetado
Ir a la portada