Agroalimentación

Kalekói lanza unha pack especial de iogures para agasallar en Nadal

10/12/2016 8:53 p.m.

A empresa lalinense Kalekói, impulsada por unha parella de mozos que decidiron transformar o leite das súa explotación familiar, lanza unha oferta especial de iogures para agasallar en Nadal.

Trátase dunha “Caixa Agasallo”, que reúne os mellores desexos: paixón, diñeiro, sorte e saúde. Un pack especial, limitado e numerado, que conta con:

2 Iogures con marmelada de cereixa, representativa da paixón.
2 Iogures con marmelada de figo, representativa do diñeiro.
2 Iogures con marmelada de uva e virutas de Ouro comestible, representativa da sorte.
2 Iogures con marmelada de sabugueiro, representativa da saúde.
1 Taza Kalekói.

“Ademais, contómosvos as lendas e as razóns polas que cada sabor vai ligado a cada desexo”, salientan dende Kalekói.. O prezo unitario da “Caixa Agasallo” é de 23€, IVE incluído.

Para facer pedidos ou reservas chamar ao 986 787 500 ou ben enviar un mail a kalekoi@kalekoi.com

Ir a la portada