Desenvolvemento rural

José Montes, reelixido presidente de Agaca

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias renova os seus órganos de dirección nunha asemblea xeral celebrada en Santiago

Campo Galego 03/06/2017 2:09 a.m.

Agaca celebrou en Santiago de Compostela a súa XXIX Asemblea Xeral, na que se reelixiu e José Montes como presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias por catro anos máis. Na asemblea renovouse tamén o consello reitor e aprobáronse as contas anuais e o informe de xestión.

O consello reitor de Agaca queda composto como segue:
- Presidente: José Montes (Feiraco).
- Vicepresidente: José Manuel López Tellado (Agris).
- Secretario: Emilio Rodríguez Felipe (Coren).
- Tesoureiro: Javier Iglesias Sendín (Viña Costeira).
- Vogais: Rafael Tejeda (Proterga), Alberto Amil (Horsal), Dores Calvo (Condes de Albarei).

O novo consello reitor, que mantén unha liña de continuidade co anterior, avoga por manter os esforzos no proceso de integración cooperativa e na concentración da oferta, na busca dun reequilibrio do poder na cadea alimentaria.

A asemblea xeral de Agaca acordou tamén unha reconfiguración nos consellos sectoriais. O de Horta e Froitas intégrase co de Flor e Apicultura co obxecto de que estes sectores traballen en conxunto ante calquera reunión ou negociación coas correspondentes Administracións.

Etiquetado
Ir a la portada