Forestal

Jacobo Aboal, novo director da Axencia Galega da Industria Forestal, agora adscrita á Consellería do Medio Rural

Nos últimos anos ocupou diversos cargos dentro da Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal, entre eles o de subdirector xeral de Recursos Forestais

Campo Galego 07/06/2022 4:00 p.m.

[caption id="attachment_174500" align="aligncenter" width="660"] Momento da toma de posesión de Jacobo Aboal como novo director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)[/caption]

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu este luns a toma de posesión de Jacobo Aboal Viñas como novo director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), ente adscrito agora, a partir da recente remodelación do Goberno da Xunta, á Consellería do Medio Rural.

José González destacou a vinculación do novo director co sector forestal, dado que Jacobo Aboal ocupou diversos cargos dentro da Dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, destacando o de subdirector xeral de Recursos Forestais.

XERA pertencía até o de agora á Consellería de Industria

Ademais, realizou estancias internacionais de coñecemento (Universidade de New Brunswick, Canadá) e entre outras labores participou na elaboración da Lei 7/2012 de montes de Galicia, do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 e axudou a impulsar o sistema de certificación forestal nos montes xestionados pola Consellería do Medio Rural. O conselleiro salientou ademais a profesionalidade e vontade de traballo de Aboal Viñas a prol dun dos sectores estratéxicos do rural galego.

Jacobo Aboal participou na elaboración da Lei de Montes e do Plan Forestal

Así mesmo, González puxo en valor a experiencia docente do novo director, que ten impartido diferentes cursos sobre o marco normativo forestal e relacionados con outros ámbitos da xestión forestal, todos eles na Escola Galega de Administración Pública. No apartado de publicacións, realizou preto dunha quincena de artigos e relatorios, tanto no eido galego como nacional e mesmo internacional.

Nado en Segovia en 1974, Jacobo Aboal é enxeñeiro técnico forestal e enxeñeiro de montes, titulado en ambas disciplinas pola Escola Politécnica Superior de Lugo, da USC. A maior parte da súa experiencia laboral estivo vinculada á Administración Forestal, tras un breve paso pola empresa privada, como técnico forestal.

Etiquetado
Ir a la portada