Viña

Primeiro ano de funcionamento da IXP Terras do Navia

A Fruga difunde un vídeo promocional sobre o traballo feito para recuperar a vitivinicultura na comarca lucense

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/12/2023 6:34 p.m.

A Federación Rural Galega (FRUGA) está a desenvolver na zona das Terras do Navia actividades para poñer en valor un territorio "moi interesante -aínda que descoñecido-" para a viticultura galega. Este ano, dentro dun convenio coa área de Medio Rural da Deputación de Lugo, a AGV-FRUGA realizou varias actividades para apoiar "un terreo esquecido mais valioso para a explotación vitivinícola".

A finais de setembro, os xardíns do Pazo de San Marcos foron testemuñas da posta de largo da nova IXP, nunha cata que foi conducida polo sumiller Martiño Santos e o enólogo Roberto Regal. Os viños das Terras do Navia celebraron, deste xeito, que por fin en febreiro de 2023 lles foi recoñecida a condición de Indicación Xeográfica Protexida, e que lles axudará na comercialización dos seus viños.

A caste coñecida nas Terras do Navia como “branca país”, pero noutras zonas como “branca lexítima”, “raposo” ou “albarín blanco”, é a maioritaria na IXP. Por esta razón, o 28 de outubro celebrouse en Negueira de Muñiz unha xornada de exaltación desta caste. Unha vintena de referencias desta caste déronse cita nun acto que conduciu o sumiller Alejandro Paadín, e no que se puideron apreciar as diferenzas na elaboración desta caste segundo o territorio. Nesta xornada participaron diversas adegas daqueles lugares onde se producen viños desta variedade, como a IXP Betanzos, a IXP Barbanza-Iria, a DOP Vino de Cangas e a DO León.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para pechar o ano, o 2 de decembro celebrouse en Negueira de Muñiz un Encontro Adegueiro, no que participaron diversas adegas de todas as zonas vitivinícolas galegas. Este acto, no que houbo unha conferencia do sumiller Miguel Anxo Besada, un túnel do viño con variedades e elaboracións especiais, e unha mesa redonda final, onde varias persoas que foron importantes para a creación da IXP debateron sobre o futuro dos viños galegos.

Nesta acto tamén se presentou un vídeo promocional da IXP Terras do Navia, realizado por J. Aragunde, na que se puxeron en valor os viños do territorio da IXP, e que ten que servir como primeiro altofalante dunha zona que comeza a estar de moda.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada