Viña

A IXP do viño das Ribeiras do Morrazo entrará en marcha este ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/03/2017 5:13 p.m.

A Consellería do Medio Rural presentou este xoves ao Consello da Xunta un informe no cal se dá conta dun paso máis no recoñecemento do viño de Ribeiras do Morrazo como indicación xeográfica protexida. Espérase que nesta campaña as adegas interesadas que pertenzan a algún dos oito concellos amparados por esta nova IXP poidan xa producir e comercializar os viños baixo este selo de calidade.

Isto é así porque a partir de mañá, coa publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial do Estado, conseguiríase a protección nacional transitoria para comezar a operar baixo este selo no mercado nacional. Trátase dun paso previo ao recoñecemento desta etiqueta a nivel europeo.

 Medio Rural prevé que os viños da colleita 2017 podan venderse co selo da IXP

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O expediente está remitido a Bruxelas para que a Comisión o avalíe e pase por outro proceso de oposición pública en toda a Unión Europea. Superada esta fase produciríase a inscrición no rexistro, pero dado que é un proceso longo existe esta protección nacional transitoria para poder comezar a operar no mercado. De feito, dende a Consellería de Medio Rural traballarase para que os viños da colleita deste 2017 elaborados polas adegas que comuniquen o seu interese en producir viños baixo esta IXP poidan facelo.

A posta en marcha desta nova indicación xeográfica supón unha oportunidade para a modernización e o crecemento do sector elaborador xa que o mercado do viño se centra cada vez máis nos produtos de calidade certificados.

Na zona da IXP hai sete adegas legalizadas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Esta nova IXP ampara ao viño producido nos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Poio e Redondela. Os viños protexidos son brancos e tintos cunha graduación mínima de 11,5 e 10,0 % Vol., respectivamente. As uvas serán das variedades brancas albariño, caíño branco, godello, loureira, treixadura, branco lexítimo e torrontés e das tintas brancellao, caíño tinto, pedral, espadeiro, loureiro tinto, mencía e sousón.

Na actualidade, de acordo cos datos do rexistro vitícola, nos oito concellos que forman a indicación xeográfica protexida hai 2.340 hectáreas de viñedo, aínda que non todas poderán fornecer viño á nova IXP xa que non son admisibles todas as variedades que se cultivan, senón aquelas de cultivo tradicional antes citadas, que son as potencialmente produtoras de viños de calidade.

Actualmente hai sete pequenas adegas legalizadas nesta área xeográfica que producen entre os 20.000 e os 30.000 litros anuais.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada