Carne

Investigan sobre o aporte do bagazo de cervexa na alimentación de polos

A gandería Galo Celta, de Vila de Cruces, proba o uso deste subproduto para lograr tanto ovos coma carnes máis saudables. A investigación foi desenvolvida polo Centro Tecnolóxico da Carne e incluída nas propostas impulsadas no Mercado de la Cosecha

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/06/2021 2:13 p.m.

O bagazo de cervexa, que leva anos sendo un complemento máis da alimentación de gando, en especial do vacún de leite, pode converterse tamén nun ingrediente da ración dos granxas avícolas. Unha investigación do Centro Tecnolóxico da Carne aborda alternativas na alimentación da aves cardiosaudables combinando distintos produtos entre os que se atopa o bagazo de cervexa.

Na proposta, incluída no marco de actividades desenvolvidas no Mercado de la Cosecha, proxecto de impacto social da Corporación Hijos de Rivera; tamén está participando de forma activa a granxa avícola ecolóxica Galo Celta, de Vila de Cruces (Pontevedra). Nesta gandería están a probar xa a alimentar os seus animais con distintos ingredientes naturais e sen aditivos, como o bagazo, co obxectivo de lograr tanto carnes coma ovos que sexan alimentos cardiosaudables.

En concreto, o bagazo procede da propia cervexeira galega Estrella Galicia, un subproduto resultante do proceso de prensado e filtración do mosto obtido trala cocción do cereal malteado que conta con propiedades positivas probadas na alimentación de algunhas especies animais polo aporte nutricional e proteico.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_145744" align="alignright" width="300"] Bagazo de cervexa incluído na ración das aves na gandería Galo Celta.[/caption]

O proxecto tamén é un xeito de contribuír a unha produción sostible, ó basearse no concepto da economía circular ó reintroducir o bagazo da fábrica de Estrella Galicia (A Coruña) nun novo ciclo produtivo e empregalo como materia prima, un recurso de proximidade que permite a Galo Celta reducir a súa pegada ambiental.

Para Galo Celta, como afirma o seu propietario David Sueiro “o compromiso coa sostibilidade que asumimos a tódolos niveis estano permitindo impulsar o negocio”. Así, están a traballar na transición da súa explotación e procesos cara un modelo que lles permita lograr un impacto neto positivo, un camiño que os levou xa a que o seu produto estrela, os ovos de galiña, foran os primeiros en obter a certificación de pegada ambiental calculada en España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada