Agricultura

Investigan a mellora de abonos ecolóxicos a través de insectos alimentados con residuos da industria hortofrutícola

AMSlab e Grupo Iñesta ensaian novas solucións para o sector agrícola a través dos insectos como fonte animal renovable dentro do proxecto Bioentonomy, que pretende romper co modelo convencional de produción e avanzar cara a unha agricultura máis sostible, minimizando o seu impacto ambiental e maximizando a reutilización dos recursos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 31/05/2021 2:11 p.m.

Poden ser os insectos un aliado para o aproveitamento de residuos da industria agroalimentaria e, ao mesmo tempo, unha nova fonte renovable de fertilización animal? É o que se está estudando en BIOENTONOMY: Novas estratexias de bioeconomía a través da biotecnoloxía de insectos, un proxecto en colaboración de investigación agroindustrial e de desenvolvemento experimental baseado na obtención de novas solucións para o sector agrícola a través da valorización de insectos utilizados para a dixestión de residuos agroindustriais.

AMSlab, laboratorio lucense especializado no control de calidade de diferentes sectores, e Grupo Iñesta, con sede en Alacante e que se dedica á fabricación de abonos e fertilizantes orgánicos para o coidado dos cultivos, son as empresas que conforman o consorcio encargado da investigación. O obxectivo xeral céntrase no aproveitamento de residuos da industria hortofrutícola a través de estratexias de biotecnoloxía de insectos para a obtención de novos produtos con potencial para o seu uso como insumos agrícolas. A utilización de insectos permitirá aumentar o valor engadido dos subproductos a valorizar dando lugar a unha fonte de proteínas e lípidos, principalmente, de gran interese para a industria agrícola.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A investigación céntrase no aproveitamento de residuos da industria hortofrutícola a través de estratexias de biotecnoloxía de insectos para a obtención de novos produtos con potencial agronómico como fertilizantes

"Preténdense obter extractos bioactivos a base de lípidos e aminoácidos e/ou péptidos con potencial agronómico para ser incluídos polo menos nunha formulación final comercializable con potencial bioestimulante, anti-estresante e/ou inductor de defensas, a partir dunha nova fonte animal renovable como son os insectos", aseguran os responsables do proxecto.

Unha alternativa aos abonos de síntese

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desta maneira, búscase deseñar un proceso sostible e respectuoso co medio ambiente para unha produción alternativa aos procesos de síntese. "Preténdese romper co modelo convencional de produción e avanzar cara a unha agricultura máis sostible minimizando o seu impacto ambiental e maximizando a utilización dos recursos. Como resultado final obteríase a mellora de certos produtos destinados ao sector agrícola a través do uso de compostos beneficiosos obtidos de insectos que se alimentan dos residuos da industria agroalimentaria", indican.

Preténdense obter extractos bioactivos a base de lípidos, aminoácidos e péptidos con potencial agronómico

O consorcio que dá vida a este proxecto abarcará actividades de deseño, análise, purificación, formulación e validación co fin de obter produtos de residuo cero e aptos para agricultura ecolóxica a partir dun proceso aliñado coa estratexia española de economía circular. Contan ademais coa colaboración do Centro Tecnolóxico Tecnova (situado en Almería), o Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, Xenotechs Laboratorios e AMSbiopharma, as tres situadas en Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os produtos resultantes serían aptos para agricultura ecolóxica

Este proxecto atópase enmarcado dentro da convocatoria de Proxectos de I+D, subvencionado polo CDTI, apoiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e cofinanciado con Fondos Estruturais da Unión Europea (FEDER) dentro do Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020. O desenvolvemento do mesmo suporá unha mobilización dun investimento de 642.774 euros de orzamento total.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada