Viña

Investigadores do Campus Terra explican os beneficios da rega para a mellora da xestión das viñas

O grupo PROePLA mostraron as técnicas e tecnoloxías de optimización para as vides en tres proxectos de I+D.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/11/2023 5:08 p.m.

A xestión da rega para as vides é fundamental para o desenvolvemento da calidade para ter vendimas de calidade, mais non só iso, tamén é necesario saber xestionar o rego das viñas sen que signifique un gasto adicional para a explotación vitivinícola.

Desde xeito, investigadores do grupo Proxectos e Planificación (PROePLA) na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC e do Instituto de Ciencias da Vide y do Viño (ICVV) integrados na unidade CropQuality, asociada ao CSIC presentan no congreso internacional que rematou este venres no Rioja Fórum de Logroño solucións técnicas e tecnolóxicas que contribúen a optimizar a xestión dos viñedos e a satisfacer as necesidades hídricas destes cultivos.

A delegación universitaria formada polos enxeñeiros agrónomos Javier J. Cancela, María Fandiño e Marta Rodríguez, acompañados das doutoras María José Motilva e Mar Vilanova, do ICVV-CSIC, aproveitaron a súa participación neste foro internacional sobre o sector vitivinícola para dar conta dos resultados de tres proxectos de investigación que demostran os beneficios que reporta o axeitado manexo da rega para a xestión dos viñedos e mesmo para a calidade do viño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O Campus Terra da USC compartiu deste xeito coa comunidade científica internacional os as pescudas e os resultados dos traballos desenvolvidos durante os últimos anos ao abeiro dos proxectos ‘Viniot’, financiado ao abeiro do programa Interreg Sudoe; ‘Irrivitis’, unha iniciativa de I+D que conta con dotación orzamentaria a través do Plan Nacional, e ‘Go Regavid’, unha proposta dun grupo operativo participado pola USC que se traduciu na creación e testaxe dunha ferramenta informática de xestión da rega capaz de avaliar as necesidades hídricas actuais do viñedo e de predicir as futuras.

Estas tres liñas de investigación serviron para demostrar os múltiples beneficios que produce o correcto manexo da auga de rega no viñedo, xa sexa variando a frecuencia da súa aplicación ou ben estudando os efectos sobre a produción e mesmo sobre a calidade dos caldos, segundo indican estes investigadores.

A delegación da USC aproveitou asemade a súa participación neste foro internacional para expoñer avances no sistema de axuda á xestión da rega das vides e do viñedo baseados na actualización dos coeficientes culturais e das predicións climáticas, dúas melloras acadadas grazas ao traballo desenvolvido en colaboración coa empresa tecnolóxica Monet Viticultura.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outra das contribucións que trasladaron os investigadores e colaboradores da unidade CropQuality da EPS de Enxeñaría asociada ao CSIC concretouse na presentación e posta en común dos resultados do efecto da rega en tres variedades incluídas na DO Ribeiro e dispostas en diferentes densidades. Esta liña de traballo desenvolvida en colaboración coa Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (AGACAL-EVEGA)da Xunta de Galicia, lembran estes investigadores, inclúe análises respecto da eficiencia da auga e sobre os efectos que provoca tanto na produción como na calidade de la uva.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada