Carne

A Interprofesional da Carne de Vacún, Provacuno, fai balance do seu primeiro ano

A organización, que ten como principal finalidade a promoción do consumo, proxecta un estudo de mercado a nivel estatal. Sinala como prioridades de exportación China, Xapón, Indonesia e Corea

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/01/2017 9:52 a.m.

A Interprofesional da Carne de Vacún, Provacuno, un órgano constituído polas principais organizacións do sector produtor e transformador, cumpre un primeiro ano de actividade que estivo marcado pola posta en marcha do sistema de recadación da extensión de norma. O sistema, operativo desde o pasado agosto, obriga a que por cada animal sacrificado no matadoiro, 1 euro vaia destinado a Provacuno (0,50 euros correspondentes ó produtor e 0,50 á industria).

Con eses fondos iniciais, Provacuno está a deseñar a súa estratexia de cara ó 2017. As prioridades sitúanse en actividades de promoción e en facer un estudo de mercado para coñecer os hábitos do consumidor a nivel estatal. Provacuno quere saber por que se consume ou non carne de vacún nas distintas zonas xeográficas españolas. En base a ese estudo, definirá a súa posterior estratexia de comunicación.

Internacionalización
O grupo de traballo de internacionalización de Provacuno estableceu tamén este ano as prioridades do sector a nivel comercial. As primeiras accións de promoción prevense para destinos considerados prioritarios, caso de China, Xapón, Corea e Indonesia.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Provacuno ten previsto tamén solicitar fondos da Comisión Europea para afrontar unha campaña de promoción en Arabia Saudí, Emiratos Árabes, Vietnam e China.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada