Leite

A Inteprofesional lanza a campaña ‘Generación Láctea’, que percorrerá 30 cidades de España

Un autobús fará 15.000 quilómetros nos próximos dous anos para ofrecer degustacións de lácteos e para proporcionar asesoramento personalizado en nutrición e actividade física, segundo a idade das persoas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 26/09/2019 3:15 p.m.

O consumo de polo menos tres racións de produtos lácteos ó día é unha recomendación nutricional que xera consenso entre médicos e nutricionistas, pero máis complicado é trasladar o consello profesional ó día a día dos consumidores. Co obxectivo de informar á cidadanía sobre as bondades dos produtos lácteos, a Interprofesional Láctea (Inlac) lanzará unha campaña cun autobús que percorrerá 30 cidades de España nos próximos dous anos. En Galicia, fará paradas en Ourense, Vigo, Lugo, Santiago e A Coruña.

O autobús percorrerá un total de 15.000 quilómetros e a súa presenza nas cidades concíbese a modo de ‘roadshow’. As persoas que se acheguen ó autobús poderán obter asesoramento persoalizado en nutrición e en actividade física, segundo a súa idade e condicións. Tamén se programarán degustacións de produtos lácteos diversos e faranse ‘showcookings’, a fin de que os consumidores coñezan e valoren as distintas alternativas.

[caption id="attachment_99344" align="aligncenter" width="660"] Acto de presentación da campaña.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A nova campaña da Interprofesional presentouse hoxe en Madrid nun acto no que participou o director general de Industria Alimentaria, José Miguel Herrero; e a presidenta da Inlac, Charo Arredondo; contándose tamén coa presenza da xerente do organismo, Nuria Arribas; e de membros das organizacións que participan na Inlac (Fenil, Asaja, Coag, Upa e Cooperativas Agroalimentarias de España), así coma do seu comité científico.

A primeira parada do autobús é Madrid e en próximas semanas desprazarase a Salamanca, Valladolid, León, Barcelona, Zaragoza, Pamplona, Bilbao, Santander, Oviedo, Ourense, Vigo, Lugo, Santiago de Compostela e A Coruña.

Minicopa de baloncesto
Outro dos eixos da campaña será o patrocinio da Minicopa de baloncesto da Liga ACB, un patrocinio co que se quere promover o consumo de leite entre as novas xeracións de persoas mozas e deportistas. O nome da campaña, ‘Generación Láctea’ fai precisamente referencia unha “xeración de xente forte, sa, activa e feliz”, segundo explican desde a Inlac.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No acto de presentación de hoxe, o director general de Industria Alimentaria, José Miguel Herrero, apoiou a liña de comunicación da Interprofesional, salientando que “necesitamos que os nosos fillos valoren os nosos alimentos e que realicen regularmente actividade física. Queremos fomentar os hábitos saudables e o deporte”. Herrero recordou que o Ministerio coordina coas comunidades autónomas o programa de consumo de lácteos nas escolas.

A campaña Generación Láctea conta cun presuposto de 2,5 millóns de euros para os próximos dous anos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada