Leite

Inleit comeza a operar na planta láctea de Teixeiro

A industria xa está a procesar o leite de dúas rutas de recollida, que complementa con compras no mercado spot. Prevé culminar a posta en marcha da factoría “nuns meses”, momento no que irá aumentando os volumes que procesa en función da demanda que logre para os seus produtos

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 21/01/2020 3:22 p.m.

A planta láctea de Teixeiro, impulsada por Inleit, está xa en plena fase de posta en marcha. A industria iniciou as primeiras operacións a finais de decembro e está a procesar a recollida diaria de dúas rutas de granxas que Inleit asumiu tras a saída de Iparlat da comunidade. Esa recollida directa nun reducido grupo de ganderías compleméntase con compras de cisternas de leite a outras industrias e cooperativas, no chamado mercado spot.

Inleit, consultada sobre so seus plans máis inmediatos, ten previsto continuar co actual ritmo de traballo ata que a planta conclúa a súa posta en marcha “nuns meses”, momento no que estabilizará a súa rutina de produción e comezará a medrar “na medida en que obteñamos demanda para os nosos produtos”.

[caption id="attachment_109071" align="alignright" width="320"] Recepción de leite en Inleit.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O plan inicial de Inleit consiste en procesar arredor de 200 toneladas de leite ó día, unha cifra que aumentará de xeito progresivo ata as 1.200 toneladas ó día que prevé acadar no 2023, segundo o plan industrial que tramitou ante a Xunta.

Son cifras que de confirmarse, convertirían a Inleit nunha das principais operadoras da comunidade. Faríao ademais cun modelo de negocio pioneiro en Galicia, pois desmárcase da liña habitual de envasado de leite ou fabricación de derivados (queixos, iogures) para o mercado estatal.

Produtos
A industria está a orientar o seu traballo na descomposición do leite mediante procesos de filtrado para obter ingredientes dirixidos á industria alimentaria internacional. O seu foco é a obtención de proteínas en po de alto valor que sexan de interese para produtos dietéticos, alimentación infantil ou preparados deportivos, entre outros destinos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cando estea a pleno rendemento, a planta prevé acadar arredor de 16.000 toneladas de proteínas en po de alto valor e outras 23.000 toneladas de lácteos en po, produción que logrará por medio de tres liñas de secado de leite. De xeito complementario, elaborará unhas 17.000 toneladas anuais de natas.

[caption id="attachment_109074" align="aligncenter" width="660"] Interior da planta de Inleit, en Teixeiro (Curtis, A Coruña).[/caption]

Mercados
Son volumes de produto que se orientan ó mercado internacional, no que a planta en principio ten boas perspectivas, pois tras ela están dúas multinacionais con ampla presenza nos cinco continentes, Liasa (Guadalajara, España) e Rich’s Corporation (Estados Unidos).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Liasa, especializada no sector profesional de Horeca (Hostelería e Restauración), para o que elabora natas, manteiga, pastelería e xeadería industrial, está en máis de 30 países; en tanto que Rich’s Corporation, con 75 anos de historia, comercializa máis de 600 referencias alimentarias nun cento de países, traballando produtos como postres, pasteis, galletas ou pizzas.

Se todo marcha segundo o previsto, a planta, na que actualmente traballan 85 persoas, chegará ós 130 traballadores nuns anos. A intención de Inleit pasa tamén por aumentar a recepción directa de leite das granxas “a medio longo prazo”, quedando entón o mercado spot nun segundo plano.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada