Viña

Inicio da vendima en Monterrei e Ribeira Sacra

Unha adega da Denominación de Orixe de Monterrei vén de arrancar coa recolección da uva. Na Ribeira Sacra, márcase como data oficial de inicio da vendima o 15 de setembro, se ben xa comezaron colleitas puntuais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 02/09/2022 9:39 a.m.

Tralo inicio da vendima en Valdeorras, días atrás, o resto de denominacións de orixe comezan a arrancar tamén a colleita. A Denominación de Orixe de Monterrei comezou onte a campaña a través da adega Castro Lobarzán. Esta adega, situada na localidade de Villaza, é a primeira da D.O. en iniciar as tarefas de recollida de uva neste 2022. As 28 adegas que forman parte da D.O. ourensá iranse sumando ata abarcar as 657 hectáreas de territorio que a conforman.

A medida que avance o mes iranse incorporando á actividade o resto de Denominacións, como é o caso da Ribeira Sacra. Durante o día de onte o Consello Regulador da D.O. decidiu a data recomendada para o arranque xeneralizado da recollida. Os resultados dos controis de maduración nas viñas que desenvolveu o seu equipo técnico permitiron determinar o estado da uva e definir a data de inicio oficial para o 15 de setembro, que previsiblemente se prolongará ata outubro. A partir das estimacións realizadas, desde o Consello afirman que “se poden chegar aos 6 millóns de quilos de uva”.

Na última semana, algunha adega da Ribeira Sacra realizou traballos puntuais de vendima, tendo recollidos ata o momento case 11.000 quilos de uva, principalmente Godello con 8.141 quilos. Séguenlle: Merenzao, 1.429 quilos e Albariño, 1.285 quilos. Durante os próximos días, viticultores e adegueiros, estarán pendentes da climatoloxía para decidir como planean a súa vendima.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada