Leite

As industrias lácteas adoptan unha postura común de baixar o leite no campo un mínimo dun 10%

As ofertas da maioría de empresas están chegándolle esta semana ás granxas, a 10 días de que arranque a nova campaña, cando por normativa terían que estar entregadas dous meses antes. Unións Agrarias e Agromuralla, que ofreceron hoxe senllas roldas de prensa, demandan a actuación urxente de Ministerio e Consellería.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/03/2023 3:24 p.m.

O arranque da nova campaña láctea, que comeza o 1 de abril, preséntase quente. A maioría das industrias esperaron ata esta semana para comezar a presentarlle ofertas de renovación de contratos ás granxas, a penas a 10 días de que expiren os anteriores. Esas ofertas ademais chegan con malas noticias, pois o conxunto de industrias adoptou unha postura común de baixar o leite un mínimo dun 10 – 13% (5 – 8 céntimos), con casos nos que a baixada chega ós 10 céntimos.

As propostas das empresas transformadoras representan unha forte baixada de ingresos para as granxas nun intre complicado, pois os custos de produción mantéñense especialmente disparados, tanto en pensos como en fertilizantes, enerxía e outras materias primas.

As ganderías atópanse ademais sen marxe para buscar alternativas no mercado, pois as ofertas de renovación estanse a entregar a última hora por parte da gran maioría de industrias, con excepción de Lactalis, que é das poucas industrias que presentou unha primeira oferta con dous meses de antelación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Ou se prorrogan os actuais contratos dous meses máis ou as industrias teñen que recibir multas contundentes por un grave incumprimento de prazos na presentación de ofertas" (Roberto García, Unións Agrarias)

Ante este escenario, o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, emprazou hoxe ó Ministerio de Agricultura e á Consellería do Medio Rural a actuar con urxencia. Dado que a normativa establece que as industrias tiñan que ter presentadas as súas ofertas a día 1 de febreiro, dous meses antes de expirar os contratos, García plantexa unha disxuntiva: ou solución negociada ou multas de ata 100.000 euros a cada industria, “como establece a lexislación vixente en materia de cadea alimentaria”.

“As axencias de control alimentario, tanto a estatal como a galega, deben emprazar ás industrias a manter en vigor dous meses máis os actuais contratos, a fin de que cumprir cos prazos que establece a normativa, que sinala claramente que os contratos se teñen que presentar con dous meses de antelación e que a granxa ten 15 días para respondelos”. defende García.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“Se eses contratos non se prorrogan, a única solución é impoñer as sancións correspondentes. A Agencia de Información y Control Alimentario (Aica) ten xa desde febreiro escritos nosos nos que lle advertimos do incuprimento de prazos na presentación de contratos”, lembra o secretario xeral de Unións.

"Sospeitamos que as industrias teñen un acordo para baixar o prezo que pagan no campo, como xa ocurriu no pasado" (Antonio Sufuentes, gandeiro de Agromuralla)

En similar modo exprésase Agromuralla, que pediu hoxe en rolda de prensa a intervención inmediata da Aica ante os “graves incumprimentos” das industrias no proceso de renovación de contratos. “A poucos días de que venzan os contratos, as industrias non nos trouxeron aínda oferta de renovación, incumprindo o establecido pola normativa. Isto fainos sospeitar que as industrias teñen un acordo para baixar o prezo que pagan no campo, como xa ocurriu no pasado”, sinalou na rolda de prensa de Agromuralla o gandeiro Antonio Sufuentes, de Guntín (Lugo).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Acusacións dun novo Cártel Lácteo
“Estamos ante un novo Cártel do Leite encuberto”, coincide José Manuel Díaz, gandeiro de Láncara socio de Agromuralla, que denunciou a “total indefensión” dos produtores por non ter recibido a oferta das distintas empresas con 2 meses de antelación, como fixa a normativa.

De existir este acordo tácito entre as distintas industrias, “estaríamos ante un novo Cártel Lácteo”, asegura Agromuralla, pois “este tipo de prácticas son contrarias á normativa reguladora da competencia”.

A mesma visión é compartida con Unións, que sinala o feito extraño de que todas as industrias tendan a un prezo similar. “Se este escenario de baixadas similares e prezos copia uns dos outros se confirma, teremos que acudir á Comisión Nacional da Competencia”, advirte o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García.

“Se como argumentan as industrias, a baixada de prezos no campo se debese a motivos de mercado, xa se terían ido anunciando con tempo as ofertas das distintas empresas, pero todas agardaron a última hora para facer un mesmo movemento común”, reflexiona García.

Situación de mercado
A análise sobre a situación de mercado que trasladan as industrias no campo tamén é cuestionada polas organizacións agrarias.

“É certo que os prezos dos produtos lácteos industriais baixaron, pero tamén hai que dicir que no supermercado mantense alto o prezo do leite líquido, que é o principal produto que condiciona o prezo do leite en España. Loxicamente, se as industrias baixan o prezo do leite no campo, as cadeas de supermercados aplicarán as correspondentes baixadas nos seus contratos coas industrias, co que estase destruíndo de novo valor na cadea do leite. Destrúese todo o que se avanzara nos últimos meses”, lamenta Roberto García.

"Se baixa o prezo no campo, baixará no supermercado, co cal se destrúe valor ó longo de toda a cadea" (Roberto García)

Outro factor que Unións considera que as industrias deberían ter en conta é a baixa produción de leite no campo. “A produción séguese mantendo baixa. Se agora caen os prezos no campo, máis que baixará a produción e pecharán máis granxas, co que as industrias atoparanse de novo no outono con que lles falta leite”, pronostican en Unións Agrarias.

[box style="0"]

Principais propostas de contratos das industrias que se coñecen ata o de agora

As propostas de contratos das industrias comezaron a chegar esta semana ás granxas a contagotas. Estos son os principais que trascenderon estos días no sector:

Na maioría dos casos as ofertas das industrias son a curto prazo. No caso de Inleit a 3 meses e no de Lactalis e Larsa a 4 meses. Nestlé, que ten contrato en vigor ata o 31 de marzo, ofrece contratos de un mes de duración, entre 55 e 56 céntimos para abril e a 53 para maio.

Prezos nas granxas con menor volume de recollida
Desde Unións Agrarias advirten dun problema adicional, os baixos prezos nas granxas con menor volume de recollida, arredor de 1.500 ganderías con menos de 200.000 litros. “Pode haber ata 11 céntimos de diferenza, o que semella excesivo e pouco lóxico”, valora Roberto García. “A partir de abril, pasarían a vender por debaixo de custos, o que lle trasladaremos á Aica estatal e á axencia autonómica correspondente”, advirte.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada