A industria galega da madeira ante o reto da bioeconomía

A madeira é unha materia prima con grandes vantaxes ambientais, pois é renovable, reciclable e presenta unha escasa pegada de carbono, ao almacenar CO2 captado da atmósfera. Esas cualidades levan a que haxa unha demanda crecente da madeira para usos tradicionais e novos usos, como a construción estrutural ou o téxtil. Falamos das perspectivas da bioeconomía co director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema

Campo Galego 01/11/2021 3:19 p.m.

‘Conversas sobre bioeconomía’ é unha serie de entrevistas en vídeo que realizamos nos últimos meses para a Asociación Forestal de Galicia, no marco do proxecto Biotecfor. O obxectivo da iniciativa é amosar áreas de bionegocio tradicionais ou innovadoras que poden representar unha oportunidade para o sector forestal.

Etiquetado
Ir a la portada