Leite

Industria e distribución acordan en Francia subirlle 4 céntimos o leite aos gandeiros

Logo das tractoradas dos gandeiros franceses, e grazas á mediación directa do Ministro de Agricultura de Francia, industria e distribuidores acordan unha suba de 4 céntimos para acadar un prezo medio de 0,34 € no mes de decembro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
24/07/2015 6:17 p.m.

espois das tractoradas dos gandeiros franceses, con bloqueo industrias lácteas incluído, e de dúas reunións promovidas polo ministro de Agricultura de Francia, este venres pola mañá os diferentes actores do sector lácteo dese país -gandeiros, industria e distribución- chegaron a un acordo para revalorizar o prezo do leite de aquí ao mes de decembro. A distribución subiralle os prezos uns céntimos aos consumidores co compromiso da industria de trasladarlle esa suba aos gandeiros.

Segundo informan os medios franceses, o obxectivo é acadar un prezo de 0,36 €/litro para os volumes transformados en leite UHT, manteiga, nata e queixo emmental, baixo marca do distribuidor (marca branca) e primeiras marcas, coa finalidade de acadar un prezo medio do leite en orixe de entorno aos 0,34 €/litro para decembro deste ano, 4 céntimos máis que a media do que están a cobrar neste momento. Isto suporá que os gandeiros franceses cubran os custos de produción.

A totalidade da alza de prezos que consentiu a distribución á industria láctea será integramente repercutida nos produtores e será trasladada aos consumidores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Compromiso da distribución para favorecer o leite francés

Igualmente pediuselle á distribución que favoreza os produtos franceses. Neste sentido, Auchan/Alcampo asumiu o compromiso de que o aprovisionamento de leite UHT e queixo emmental -sempre para as súas marcas brancas- sexa 100% francés.

Á saída desta reunión, o ministro de Agricultura, Stéphane Le Foll, subliñou que “o impacto desta subida sobre o consumidor será dalgúns céntimos, é un esforzo que se pide para poder superar esta crise”. Ademais, subliñou que “seremos vixilantes sobre a aplicación deste acordo, para que a suba de prezos chegue aos productores”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Todos os axentes do sector lácteo son conscientes de que “a crise do sector lácteo vai para longo, é profunda e é europea”.

Reunión dos ministros de agricultura da UE para tratar a crise do sector lácteo o 7 de setembro

Por outra parte, e logo da petición de Francia, os ministros de Agricultura da UE reuniranse o día 7 de setembro para tratar a crise do sector lácteo. Francia reclama á Comisión Europea máis apoio para as explotacións lácteas e un aumento dos prezos de intervención do leite, actualmente nos 0,22 €/litro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta aquí a rolda de prensa do ministro de Agricultura de Francia tralo acordo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada