Leite

Incertidume sobre o futuro de Tegestacín, que anuncia unha redución de persoal no 2022

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 17/12/2021 9:49 p.m.

A planta láctea de Tegestacín (Outeiro de Rei) afronta un 2022 con incertidumes sobre o seu futuro. A empresa xa lle trasladou ó persoal que procederá a unha redución do cadro de traballadores, que ronda as 70 persoas. O motivo último da decisión é a perda de contratos de suministro de leite líquido con cadeas de distribución, ó que hai que unir problemas de liquidez e de aumento de custos.

Sobre a mesa están diversas opcións. Unha é que a industria chegue a pechar por completo dentro duns meses, se ben tamén hai outras alternativas, como unha posible recuperación da actividade da planta, ligada a novos contratos e/ou grupos inversores.

A antiga planta de Pascual en Outeiro de Rei enfróntase así a un futuro incerto. Logo de fracasar o proxecto de Alimentos Lácteos, que impulsara un grupo de cooperativas apoiado pola Xunta, Tegestacin reflotara a factoría, orientándoa a prestarlle servizos a industrias lácteas -incluída Pascual-, e á produción de marcas brancas dirixidas á distribución. Agora o seu futuro está no aleiro de novo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada