Desenvolvemento rural

Inaugurado en Silleda o Museo do Campo e da Mecanización

Campo Galego 25/10/2019 10:31 a.m.

O recinto feiral da Semana Verde vén de inaugurar o Museo do Campo e da Mecanización, que conta cun total de 12 salas e 4.400 metros cadrados de exposición, na que se pode percorrer a historia do traballo no agro en Galicia. Unha das salas adícase por completo a Barreiros, unha das marcas emblemáticas do sector, representada por 20 pezas. Na inauguración participou Mariluz Barreiros, presidenta da Fundación Barreiros e filla de Eduardo Barreiros.

O acto de inauguración do Museo foi presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e contou tamén coa intervención da fundación impulsora do centro, denominada Fundación do Campo Galego. A entrada ó Museo custará 6 euros, salvo para xubilados e escolares, que terán acceso gratuíto.

Etiquetado
Ir a la portada