Viña

Inaugurada a LXIII Festa do Albariño en Cambados

Loading ad.
Ad could not be loaded.
30/07/2015 9:42 a.m.

A titular de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, inaugurou onte a LXIII Festa do Albariño, na Casa do Concello de Cambados, que estará aberta ata o domingo, 2 de agosto.

Paralelamente, o Túnel do Viño inaugurarase hoxe e estará aberto ata o domingo, en xornadas de mañá e tarde, de 12 h a 14.30 h e de 19 h a 21.30 h, agás o domingo que só haberá sesión de mañá. Os participantes poderán degustar un total de 141 marcas, pertencentes a 56 adegas desta denominación de orixe nun ambiente máis recollido, e co asesoramento dun sumiller. A entrada que custa 10 € inclúe, tamén, o acceso ás dúas catas correspondentes nesa sesión.

Ademais, doce adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas protagonizarán a segunda edición das Catas Temáticas, dirixidas polos enólogos das empresas participantes, e que este ano suman un total de 13. Cada día, de xoves a sábado, terá lugar dúas catas pola mañá e outras tantas pola tarde, mentres que o domingo se celebrará unha en sesión de mañá. O obxectivo desta actividade é descubrir os viños de Rías Baixas dende diferentes perspectivas, da man de profesionais e, en moitos, casos dos seus creadores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada