Leite

Importante caída da producción de leite en España no mes de febreiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/03/2021 7:12 p.m.

No pasado mes de febreiro a producción de leite en España rexistrou unha caída interanual do 3,6%, segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria que veñen de ser publicados.

En concreto, o volume de entregas ascendeu a 582452 toneladas, fronte ás 604263 de febreiro de 2020.- En Galicia a caída foi menor, dun 1,6%: 228118 frente a 232820 toneladas. De feito, se se descontara o leite galego, a caída interanual da produción en España en febreiro sería do 4,86%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo que respecta aos prezos, a media do leite en orixe en España situouse nos 0,3381 euros o litro, fronte aos 0,340 euros de xaneiro. En Galicia a caída foi simliar: 0,327 euros por litro de media en febreiro fronte aos 0,33 de xaneiro.

As calidades medias do leite foron do 3,77 de graxa e do 3,32 de proteína. En Galicia, a porcentaxe media de graxa foi do 3,85 e a de proteína do 3,33.

Descarga aquí o informe completo do FEGA

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada