Viña

Imaxes das primeiras vendimas en Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
16/09/2019 1:09 a.m.

Estes días estanse a realizar as primeiras vendimas en Galicia, sobre todo nas comarcas con climas máis de influencia mediterránea, como na Denominación de Orixe Valdeorras.

Precisamente as primeiras adegas en vendimar a finais de agosto foron Santa Marta SAT e María Teresa Núñez Vega, da Denominación de Orixe Valdeorras, e outra da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Adega Damm.

Pero ao longo da semana pasada fóronse sumando outras como Ruchel, Terriña, O Casal ou Godeval, todas elas na DO Valdeorras, e algunha máis da zona do Bibei, como Daterra Viticultores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Sen embargo, será a partir desta semana cando se xeneralice a vendima nas cinco Denominacións de Orixe Galegas, nunha campaña que se prevé moi boa tanto en cantidade como en calidade da uva.

Velaquí unha escolma das adegas máis madrugadoras en realizar a vendima:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Vendima en Adega Terriña, na DO Valdeorras

Vendima na subzona do Bibei, en Daterra Viticultores

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Vendima na subzona do Bibei, en Daterra Viticultores

Vendima  na adega O Casal, na DO Valdeorras

Vendima en Adega Ruchel, na DO Valdeorras

En Adegas Galegas elaborando o Pedro Madruga, un viño que comeza coa maceración da uva durante 12 horas a -4ºC con neeve carbónica. 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada