Noticias de empresa

ICL reivindica a importancia dos controis para garantir a calidade dos abonos

Campo Galego 23/05/2019 10:27 a.m.

A firma ICL Speciality Fertilizers acaba de lanzar unha campaña informativa sobre os controis de seguimento aos que somete os abonos para garantir a súa calidade. Baixo o slogan "A nosa calidade, a túa tranquilidade" reivindica o sistema de trazabilidade que utiliza para todos os procesos produtivos dos seus abonos.

Este seguemento permítelle á firma un control de calidade desde a extracción das materias primas nas minas ata que chegan nas súas diferentes formulacións e envases ao agricultor, viverista ou xardineiro. Ao longo da súa elaboración, a empresa supervisa que os abonos cumpran cos requisitos normativos e que conteñan exactamente o que se reflicte nas etiquetas do produto. "É imprescindible controlar ao máximo todo o proceso", explican desde a firma.

O control que realizan aos abonos inclúe desde a pureza dos minerais utilizados ós procesos de elaboración de cada tipo de fertilizante ou á correcta proporción de cada formulado. "É a única forma de poder asegurar ao cliente final que o que compra responde ás necesidades nutritivas dos cultivos, segundo o tipo de chan, clima ou tipo de rega", reivindican desde a firma.

A empresa incorpora ao seu proceso de control de calidade o traballo realizado nos seus Centros de Investigación e Desenvolvemento, a partir do que desenvolve fertilizantes especializados en cada cultivo, programas de nutrición completos, produtos fitosanitarios ou sementes de céspede de alto nivel.

[caption id="attachment_90434" align="alignright" width="287"] Logo da campaña.[/caption]

ICL asegura que cos seus abonos "o agricultor profesional pode ter a certeza de que o seu programa de nutrición cumpre todos os requisitos e normativas legais, tanto das diferentes administracións como da distribución do minorista", indican.

Ademais, a firma tamén dispón dunha rede técnica e profesional que asesora ao cliente final á hora de analizar as necesidades dos seus cultivos e tomar decisións para elaborar o programa nutricional cos correctos aportes de fertilizante para cada cultivo.

Etiquetado
Ir a la portada