ICL presentará en FIMA as súas gamas de fertilización ecolóxica e de liberación controlada

Campo Galego 11/02/2020 2:03 p.m.

A compañía ICL Speciality Fertilizers está desenvolvendo neste primeiro trimestre do ano un intenso programa de participación en feiras e xornadas, co que busca achegar as súas tecnoloxías ós agricultores. Unha das principais citas do sector, FIMA Agrícola, que se desenvolverá do 25 ó 29 de febreiro en Zaragoza, contará así coa participación de ICL, que estará presente no Pabellón 1 (stand 1), xunto ó seu distribuidor rexional, Agroquímicos del Ebro.

A firma presentará en Zaragoza a súa gama para fertilización ecolóxica, Flecotec, xunto as súas marcas de liberación controlada, Agroblen e Agromaster, así como os seus abonos para fertirrigación, Solinure.

Esta mesma semana, o sábado 15, ICL ten previsto tamén participar en Torres Vedras (Portugal) nunha xornada de portas abertas de viñedo organizadas por Liscampo, distribuidor da marca no país veciño. Alí presentaranse os fertilizantes para viñedo de ICL, en especial a gama Agromaster de liberación controlada.

O fabricante asistiu ademais recentemente a Agroexpo, en Extremadura.

Etiquetado
Ir a la portada