Noticias de empresa

ICL crea AgroPro, un servizo online sobre nutrición de cultivos

Campo Galego 08/06/2020 7:09 p.m.

A firma de fertilizantes ICL vén de crear unha comunidade online, AgroPro, que busca convertirse nun servizo sobre nutrición dos cultivos. O espazo, de uso gratuíto, busca fomentar a interacción entre produtores e agrónomos de todo o mundo. Os usuarios poderán compartir información e consultar coa comunidade internacional de profesionais sobre as mellores solucións de protección de cultivos ou sobre estratexias de fertilización.

ICL destaca que o seu obxectivo é contribuír así a optimizar o manexo nutricional dos cultivos e plantacións, sexa cal sexa o cultivo e estea onde estea.

Os usuarios deben rexistrarse na web de AgroPro e poden mandar as súas preguntas e interactuar cos demais membros da rede para obter información sobre a fertilización máis eficaz para os seus cultivos.

[box style="0"]

Máis información

  • Web de Agropro
  • [/box]

    Etiquetado
    Ir a la portada