Noticias de empresa

Hitraf acollerá o Valtra Smart Tour este xoves 11 de abril

Campo Galego 06/04/2019 10:19 p.m.

A marca de tractores Valtra está a desenvolver este 2019 por toda Europa o denominado ‘Valtra Smart Tour’, que consiste nunha xornada informativa para presentar as novidades da súa gama e as últimas innovacións incorporadas. En España, o ‘Valtra Smart Tour’ terá unha única parada, que será o próximo 11 de abril na empresa cruceña Hitraf, concesionaria da marca.

O fabricante finlandés presentará así en Vila de Cruces a súa liña completa de tractores de cuarta xeración, incluíndo a nova serie A e a galardoada serie T, así como solucións para o traballo intelixente, como o Valtra SmartTouch, que se promociona como máis fácil de usar que un teléfono móbil.

Etiquetado
Ir a la portada