Noticias de empresa

Guifor, distribuidora da maquinaria forestal John Deere, estrea instalacións en Lugo

A empresa, con máis de 25 anos de experiencia no sector, consolida así a súa presenza en Galicia, iniciada no 2015. A firma dispón dunha sede de máis de 7.000 metros cadrados no polígono As Gándaras, en Lugo

Campo Galego 07/05/2019 3:27 p.m.

Guifor, a empresa distribuidora en España da maquinaria forestal John Deere, vén de poñer en marcha unhas modernas instalacións en Lugo, situadas no polígono empresarial As Gándaras. A firma xa contaba desde 2015 cunha delegación en Galicia e agora consolida a súa aposta cunha nova sede, que dispón de máis de 7.000 metros cadrados, divididos entre unha nave de 2.800 metros e unha campa exterior duns 4.500 metros.

As instalacións están orientadas a proporcionarlle un servizo integral ás empresas e profesionais do sector forestal, tanto en atención posventa como en reparacións e en oferta comercial. Guifor dispón en Lugo dun almacén de recambios e dun moderno taller, dotado de ponte guindastre e de circuítos de distribución de aceite e aire comprimido. As posibilidades de reparación complétanse con unidades móbiles para servizo no exterior.

A empresa decidiuse a construír en Galicia a súa propia instalación ante a falta de naves adaptadas ás necesidades do negocio. “Desde 2015 estabamos en Galicia nunhas instalacións temporais, pero necesitabamos unhas instalacións de dimensións suficientes, dotadas de terreo exterior e queriamos que estivesen situadas en Lugo, por cuestións de centralidade para atender ao Noroeste peninsular”, explican na firma.

[caption id="attachment_89352" align="aligncenter" width="660"] Área taller das novas instalacións.[/caption]

Guifor, que leva traballando no sector forestal desde 1990, ten a súa sede principal no País Vasco e na última década abriu delegacións permanentes tanto en Andalucía como en Galicia co obxectivo de mellorar o servizo que lle presta aos clientes de maquinaria forestal John Deere en toda España. “Fomos a primeira empresa de España que comercializamos maquinaria puramente forestal, pois cando nós comezamos, as explotacións forestais tiñan un carácter manual e estaban a iniciar o proceso de mecanización”, contan.

[box style="0"]

Produtividade e robustez, o selo John Deere

[caption id="attachment_89345" align="aligncenter" width="660"] Procesadora forestal John Deere.[/caption]

Desde os seus inicios, Guifor orientouse á distribución da maquinaria forestal John Deere, en especial autocargadores, procesadoras e skidders, sendo hoxe o seu Servizo Técnico Oficial en España. “John Deere é o maior fabricante mundial de maquinaria forestal e a marca número 1 en vendas. Ten a gama máis extensa de produto e destaca pola súa alta calidade e innovación tecnolóxica”, resume Aritz García, de Guifor.

[caption id="attachment_89216" align="alignright" width="320"] Fachada da sede de Guifor en Lugo.[/caption]

As vantaxes do desenvolvemento tecnolóxico de John Deere tradúcense en maior produtividade nos traballos de corta e desembosque, nunha maior durabilidade das máquinas e na preocupación polo confort dos operadores. “Os clientes valoran sobre todo a produtividade, a estabilidade e o confort das máquinas”, subliña Aritz, que apunta innovacións como as cabinas xiratorias ou o sistema IBC en autocargadores, que permite un control intelixente do brazo, cunha mellora de precisión e facilidade de manexo.

Marcas complementarias e maquinaria usada
As distintas gamas dos equipos John Deere compleméntanse con outras marcas naquelas áreas non cubertas pola compañía norteamericana. Astilladoras, empacadoras de biomasa, destoconadoras ou cabezales taladores de cizalla completan a oferta de Guifor, que traballa con distintas marcas como Anderson, Bandit, Wellink, Caesar, Waratah, Mecanil, Moipu ou Black Splitter. Guifor ofrece asímesmo maquinaria de segunda man, revisada e posta a punto previamente pola empresa.

[/box]

[box style="0"]

Vídeo da procesadora forestal John Deere 1270G, con 8 rodas

[/box]

Ir a la portada