Leite

Guía para percibir as axudas de 169 millóns do Goberno para as gandarías de leite

Loading ad.
Ad could not be loaded.
31/03/2022 6:24 p.m.

O Consello de Ministros aprobou este martes unha axuda extraordinaria de 169 millóns de euros para os produtores de leite de vaca, ovella e cabra para compensalos pola forte subida dos custos de produción dos últimos meses, unha situación agravada pola guerra de Ucraína.

Estas axudas beneficiarán, segundo o Ministerio de Agricultdura, a 19.000 explotacións gandeiras, 11.700 delas de vacún -a este segmento corresponderán 124 millóns de euros-. As outras 7.300 explotacións son de gando ovino e caprino e recibirán 45 millóns de euros en conxunto.

Quen poderá acollerse a estas axudas?

Poderán acollerse a estas axudas os titulares das explotacións inscritas no REAGA (Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras) da Comunidade Autónoma Correspondente e que teñan acreditada a súa actividade no último ano por declarar entregas ou venda directa de leite ao Sistema Unificado de Información do Sector Lácteo (INFOLAC) no ano 2021.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cal será o importe?

-124 millóns de euros son para o sector produtor de leite de vaca, a razón de:

210 euros por vaca até un máximo de 40 animais por beneficiario.

145 euros por animal entre 41 e 180 cabezas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

80 euros por máis de 180 vacas.

-32,3 millóns de euros para os produtores de leite de ovella:

15 euros por animal

Loading ad.
Ad could not be loaded.

-12,7 millóns de euros para os de leite de cabra:

10 euros por cabeza

O número de cabezas de gando de cada beneficiario determinarase de oficio por parte do Ministerio de Agricultura e será o que se estableceu para o cobro das axudas asociadas da PAC, de acordo coa solicitude da campaña de 2021.

En calquera caso, o importe máximo a percibir por cada explotación non poderá superar os 35.000 euros.

Como solicitalas?

Non haberá que solicitar a axuda. O Ministerio de Agricultura publicará na súa sede electrónica nun prazo máximo de 20 días contados a partir de hoxe a lista de titulares de explotacións gandeiras de leite que serán beneficiarias desta axuda, así como o número de cabezas de gando computadas e o importe provisional da axuda a percibir.

Os beneficiarios disporán dun prazo de 5 días hábiles para rexeitar a axuda ou para achegar a información necesaria se non figuran na lista ou figuran con datos erróneos.

A xestión e o pago das mesmas realizarana as comunidades autónomas, ás que o Estado transferirá os fondos correspondentes, co obxectivo de que estean todas pagadas ás ganderías de leite antes do 30 de setembro.

Máis información

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada