Agroalimentación

Guía para construír a trampa eléctrica contra a vespa velutina

02/08/2017 2:15 p.m.

A Asociación Galega de Apicultura ven de publicar un caderno para a construción da trampa eléctrica, un novidoso sistema perfeccionado por apicultores e investigadores galegos que se ten revelado como moi eficaz para protexer as colmeas fronte á vespa asiática.

O sistema eléctrico de protección das colmeas fronte a Vespa velutina que está difundindo AGA, e que inclúe trampa eléctrica e dispositivo de alimentación con enerxía solar, está tendo moita aceptación. As primeiras probas de campo realizadas o pasado ano deron moi bos resultados, ao longo dos pasados meses un grupo operativo de Aga foino perfeccionado e introducindo importantes melloras, e agora xa está difundíndose polos colmeares de Galicia.

O sistema pode ser construído polo propio apicultor e presenta importantes vantaxes, como autonomía grazas ao abastecemento por enerxía solar, máis selectivo e eficaz para capturar as avespas asiáticas que depredan os colmeares nesta época do ano.

Ante a elevada solicitude de información, Aga decidiu ofrecer un  servizo de asesoramento técnico sobre a súa construción e manexo, exclusivo para socios e socias. Sen embargo, calquera persoa interesada en construíla pode descargar o caderno para a construción da trampa eléctrica, no que tamén se indica cal é a colocación máis axeitada no apiario para mellorar a súa eficacia.

Para máis información ou resolver dúbidas escribir a dagaferrol@hotmail.com

Descarga aquí a guía para construír a trampa eléctrica contra a Vespa Velutina.

Etiquetado
Ir a la portada