Viña

A Guía de Viños de Galicia 2022 recoñece 91 viños da DO Monterrei

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 23/02/2022 9:09 a.m.

A sede do Consello Regulador da DO Monterrei acolleu este martes a presentación da Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2022, na que se inclúen 27 adegas de Monterrei. En concreto, nesta ocasión un total de 91 viños obtiveron medalla, dos cales 13 foron Gran Ouro, 15 Ouro +, 45 Ouro e 18 Prata.

Para a realización desta guía catáronse máis de 1.500 viños e destilados pertencentes á totalidade das adegas e destilerías amparadas nas DO's e IXP’s galegas. Tamén incorpora un histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada denominación, mapas litolóxicos e de relevo, orixe da uva en base a tres criterios (Zona/Rexión – Concello / Parroquia - Parcela).

Ademais, na publicación tamén se inclúe un buscador de viños por R.E.N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras. A guía conta ademais cunha árbore xenealóxica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia; así como, harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No acto participaron a presidenta do Consello, Lara Da Silva, e un dos autores da guía, Luís Paadín.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada