Viña

Guía de prevención do coronavirus na vendima, distribuída pola Fruga

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 04/09/2020 8:40 p.m.

A Federación Rural Galega (Fruga) vén de distribuír entre os seus socios unha guía básica de prevención fronte ó coronavirus na vendima. O documento establece pautas de traballo a seguir para reducir os riscos asociados á colleita, que se adoita facer en grupos.

Pode consultarse aquí o documento en PDF.

A organización agraria lembra que a Consellería do Medio Rural non editou ningunha guía ligada directamente á vendima, polo que a Fruga optou por elaborar e distribuír o seu propio material, no que aconsella como organizar e acometer os traballos para previr a expansión da enfermidade.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Desde a Fruga lembran que na vendima hai moito traballo familiar e de veciños, polo que consideran que a medida anunciada pola Xunta de facerlle probas PCR ós traballadores temporeiros “é un parche” que non soluciona a prevención.

Por último, a organización cuestiona que a Xunta “un ano máis” eludise o impulso a contratos homologados nas denominacións de orixe. A Fruga considera que se trata da mellor vía para lograr prezos xustos para a uva.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada