Leite

Granxa Lagendijh, en Holanda, liberdade para as vacas e manexo automatizado

Os Países Baixos camiñan cara un sistema de gandería que prima o pastoreo e o benestar animal. Visitamos xunto a un grupo de gandeiros galegos esta explotación automatizada con cama fría de compost e vacas Procross

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Camilo Friol 17/07/2019 6:15 p.m.

[caption id="attachment_94321" align="aligncenter" width="660"] Rik Lagendijh coas súas vacas na súa granxa perto de Tilburg, no sur de Holanda[/caption]

En Holanda vense vacas de moitas máis cores que en Galicia. Vense porque están fóra, en pastoreo, de xeito maioritario, e hai tal variedade cromática que nun paseo de norte a sur poden verse ducias de animais diferentes. Porque malia ser a cuna da frisona e sen perder a súa vocación eminentemente leiteira, o país apostou pola diversificación de razas e os cruzamentos.

A explotación de Rik Lagendijh, situada en Tilburg, no sur de Holanda, é unha delas. Comezou a cruzar hai 8 anos porque “quería animais distintos, con menos problemas”, segundo explicou a un grupo de gandeiros galegos que participaron no Procross Summit 2019. A súa granxa comezaba a resentirse polos problemas da consanguineidade. “Intuía que moitos pequenos problemas que tiña todos os días derivaban diso”, razoa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Comezaron cos cruzamentos fai 8 anos e hoxe o 80% das 180 vacas que teñen en muxidura son híbridas

Así que comezou a cruzar as súas vacas holstein con montbeliard volvendo na segunda xeración a cruzar con frisona pero logo de visitar outras explotacións da zona que introduciran tamén a roja sueca optou polas vacas trihibridas.

Hoxe na explotación de Rik hai 180 vacas en muxidura, das que o 80% son xa cruzadas e o 20% aínda holstein puras. “Quería animais que duraran máis e estouno logrando, a taxa de reposición é só dun 15%”, explica. A media de idade dos animais que ten actualmente en produción é de 5,5 anos pero a media coa que saen da explotación cara ao matadoiro está en 6,5 anos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_94351" align="aligncenter" width="660"] O 80% das vacas que ten esta granxa son animais Procross[/caption]

O custo sanitario tamén diminuiu e ronda os 100€ por vaca e ano, contando gasto sanitario, medicamentos e tratamentos. Do mesmo xeito, tamén mellorou en fertilidade, precisando unha media de 1,8 inseminacións por vaca para conseguir que queden preñadas, cun intervalo entre partos de 395 días. Cada dúas semanas acode á granxa o veterinario a facer o control reprodutivo. Hoxe boa parte dos animais son xa inseminados con touros cárnicos. “Non precisamos tantas novillas”, di.

A taxa de reposición baixou até o 15%, polo que diminuiu a necesidade de recría, e hoxe boa parte das vacas son xa inseminadas con touros cárnicos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

“A produción é a mesma ca antes pero con moitos menos problemas”, resume. Logra unha media de 10.000 litros/vaca por lactación, cun 4,5% de graxa e un 3,55% de proteína e unha media anual de 130.000 células somáticas (95.000 en primavera e verán, cando as vacas saen a pacer).

O incremento na lonxevidade dos animais tamén acabou por notarse na rendibilidade da granxa. Rik logra producións vitalicias de 40.000 litros, que supón 10.000 litros máis que a media holandesa. Son cifras que semellan pouco comparándoas co sistema de produción intensiva que máis abunda en Galicia pero é que a filosofía é distinta en Holanda.

“Os 40 litros por vaca non son necesarios”

“Os 40 litros por vaca non son necesarios, esta granxa é rendible así. Un robot pode muxir 2.000 litros de leite ao día e pode logralo cun número de vacas menor ou maior. Non é necesario ir a un modelo tan intensivo como en España. A opinión pública en Holanda valora o medio ambiente e o benestar animal”, explica este gandeiro.

"Quería un establo máis aberto, con menos cemento e menos ferro, que permitira o movimento máis libre e natural da vaca"

Tanto é así, que a lexislación no país foise adaptando cara este ámbito, establecendo límites aos fosfatos, o que motivou un mercado de dereitos de produción similar ao que empregan as centrais térmicas para as emisións de dióxido de carbono, e coa introdución do pastoreo obrigatorio a partir do vindeiro ano.

Rik xa se adiantou. Ao tempo que facía cambios na xenética, introducindo os cruzamentos en busca de vacas máis lonxevas, realizou un importante investimento nunhas instalacións que lle permitiran un cambio no manexo do seu gando. "Quería vacas que duraran máis, polo que no 2015 construín un establo con menos cemento e menos ferro e que permitira o movimento máis libre e natural da vaca", explica.

[caption id="attachment_94336" align="aligncenter" width="660"] É unha nave aberta sen cubículos nin cornadiza e as vacas están en cama fría de compost[/caption]

Trátase dunha nave totalmente aberta e moi ventilada, cun teito de paneles móbiles que permite a súa apertura para que entre o sol e axude a secar o compost que se usa para a cama das vacas. No espazo que ocupan os animais en produción non hai cubículos, unicamente un patio cuberto duns 15 metros cadrados por vaca con cama fría de compost que moven unha vez ao día. En Galicia xa hai explotacións, como Gandería Varela en Castro de Rei ou SAT Ladeira no Páramo, que empregan este sistema para as vacas secas, pero non para as vacas que están en produción. Tampouco hai cornadizas, simplemente unha barra corrida que separa os animais do comedeiro.

Sistema de extracción de amoniaco

A granxa de Rik está a servir para facer unha serie de experimentos á Universidade local en distintas materias. Unha delas é a redución de amoníaco mediante un sistema pioneiro instalado nesta explotación. A cama de compost conséguese depositando un aporte inicial de viruta de madeira verde, recén cortada, que se extende por toda a superficie que ocupan os animais. Os excrementos que a vacas depositan mestúranse coa viruta. Hai que rever diariamente o compost resultante para que seque e non fermente.

[caption id="attachment_94357" align="alignright" width="300"] A base perforada de plástico sobre a que está o compost permite aspirar o amoniaco[/caption]

Pero a novidade radica en que a viruta non se extende directamente sobre unha superficie de terra ou de cemento, senón que debaixo ponse unha estrutura de plástico con ocos que permite circular o aire por debaixo do compost. Mediante un sistema de aspiración de aire lógrase fixar o amoníaco ao compost, evitando a súa emisión, e mesmo aspirar ese aire con amoniaco, que pasa polos ocos e a dobre cámara da base de plástico do patio onde están as vacas.

Este gandeiro defende que este sistema de cama fría de compost para as vacas leiteiras dá bo resultado e permite eliminar un problema cada vez máis acuciante para moitas explotacións, o do purín. Ao mesmo tempo, reduce notablemente os custos. No seu caso, o custo das camas é de 16.000 euros ao ano, que recupera en boa medida en forma de abono, xa que o compost xerado retírase unha vez ao ano e incorpórase ás terras.

O custo das camas nesta explotación é de 16.000 euros ao ano, que recuperan en boa medida en forma de abono para as terras

Rik explica que o mantemento é doado, no verán simplemente ten que fresar unha vez ao día a superficie. No inverno é máis complexo, dado que o compost non seca tan ben. "As vacas non saen a pacer e están todo o día dentro. Todas as semanas teño que medir a temperatura para que estea entre os 40 e os 50ºC, se varía teño que engadir máis viruta", explica.

Considera que se a superficie por vaca fora maior, de entre 23 e 25 metros cadrados por animal, non sería necesario retirar o compost, pero no seu caso ten que sacalo unha vez ao ano, no mes de outubro. Retira arredor de 50 centímetros de compost, deixando só 20 centímetros para volver escomezar o proceso.

[box style="0"]

Premio ao pastoreo de 1,5 céntimos por litro

[caption id="attachment_94303" align="aligncenter" width="660"] Vacas camiño do pasto tralo ordeño da tarde[/caption]

Outra das medidas que esta explotación holandesa adoptou para reducir a súa pegada ambiental foi aumentar o pastoreo das súas vacas. Agás nos meses de inverno, as vacas en produción saen a pacer 10 horas ao día, 6 pola mañán e 4 pola tarde.

A saída ao pasto é un incentivo para que as vacas acudan ao robot a muxirse

O sistema está automatizado. Cando no 2015 construiron a nova nave instalaron 4 robots de muxido postos en liña e que serven de división. Para sairen ao pasto as vacas teñen que pasar antes polo robot, que a continuación discrimina e permite sair á vaca a pacer ou derívaa de novo cara a dentro se non cumpre cos parámetros necesarios para ir á pradeira.

A saida ao pasto é, pois, un incentivo para que as vacas acudan ao robot a muxirse. Este premio prodúcese tanto pola mañán como pola tarde. A partir das 6 da mañán e das 6 da tarde ábrense de xeito automático as portas da granxa e as vacas saen directamente do robot ao pasto.

[caption id="attachment_94285" align="alignright" width="300"] Un sistema automatizado permite ás vacas sair a pacer dúas veces ao día logo de pasar polo robot de muxido[/caption]

Só dúas persoas atenden esta granxa con 180 vacas en muxidura. Buscaban non depender de man de obra e por iso decidiron mecanizar a meriande parte dos procesos posibles. Foi o motivo principal para decantárense polos robots de muxido, pero non querían ter que prescindir do pastoreo para iso, así que decidiron vincular as dúas cousas. Rik está contento co resultado. "En verán non hai nunca máis dunha ou dúas vacas atrasadas e no inverno poden ser 8 ou 10", conta.

No inverno as vacas non saen fóra, só na primavera e no verán, polo que a media de muxido nesta época, ao estaren máis tempo as vacas fóra, redúcese a 2,5 muxiduras por vaca e día, fronte ás 3 muxiduras de media que logran os robots nos meses do inverno.

Investimento de 6.000 euros por vaca nas instalacións

Pero o sistema robotizado de muxido e saida ao pasto non é a única medida de automatización introducida no manexo desta granxa. O sistema de alimentación é mediante carro mesturador autónomo, que recolle os distintos elementos da mestura na zona de carga e distribúeo polo pesebre. O coñecido como Vector, da empresa holandesa Lely, serve nesta explotación para alimentar, con racións distintas, tanto ás vacas en produción como á recría, malia estaren estas nunha nave aparte.

Esta explotación de 180 vacas en muxidura é atendida unicamente por dúas persoas grazas aos seus elevados niveis de automatización

Das 60 hectáreas de superficie das que dispón esta explotación, o 40% está destinado a pradeiras para paceren as vacas. No resto obteñen 5 cortes de raigrass ao ano. Trátase dunha zona moi produtiva onde ademais regan. A millo só botan 8 hectáreas, polo que a maioría do millo para ensilado é mercado.

Ademais dunha mellora nas calidades do leite e dun maior confort e benestar animal, Rik logra tamén co pastoreo unha maior rendibilidade. Cobra o leite a 35 céntimos máis un céntimo e medio por litro como prima ao pastoreo por pacer máis de 120 días ao ano. En conxunto, o custo de alimentación é de 4,38 euros por vaca e día.

Con todas as novidades tecnolóxicas introducidas, o investimento total realizado por Rik e a súa familia neste novo establo con capacidade total para 250 vacas en ordeño foi de un millón e medio de euros ou o que é o mesmo, un investimento total nas instalacións de 6.000 euros por vaca.

[/box]

A gandería Lagendijh en imaxes:

[caption id="attachment_94333" align="aligncenter" width="660"] As vacas de produción descansan en cama fría de compost[/caption]

[caption id="attachment_94339" align="aligncenter" width="660"] Cada animal dispón de 15 metros cadrados de superficie nun patio sen cubículos[/caption]

[caption id="attachment_94327" align="aligncenter" width="660"] Ao non existiren cubículos, as únicas zonas de paso son as que conducen ao bebedeiro e ao robot[/caption]

[caption id="attachment_94276" align="aligncenter" width="660"] A nave de produción é de estrutura metálica e teito mobil, que permite abrir para axudar a secar o compost[/caption]

[caption id="attachment_94324" align="aligncenter" width="660"] Para comezar a facer o compost deposítase unha base de anacos de madeira recén cortada[/caption]

[caption id="attachment_94300" align="aligncenter" width="660"] Empregan un tractor cunha grade para mover diariamente o compost da cama das vacas[/caption]

[caption id="attachment_94354" align="aligncenter" width="660"] O compost sacado unha vez ao ano da cama das vacas en produción é almacenado para botar na terra[/caption]

[caption id="attachment_94291" align="aligncenter" width="660"] Os catro robots de muxido están dispostos en liña e serven para dividir a nave de produción[/caption]

[caption id="attachment_94288" align="aligncenter" width="660"] Un sistema automatizado permite sair ás vacas cara ao pasto ou derívaas de novo cara á zona do comedeiro[/caption]

[caption id="attachment_94306" align="aligncenter" width="660"] As vacas van soas á pradeira a medida que van saindo de muxirse[/caption]

[caption id="attachment_94312" align="aligncenter" width="660"] A zona de pastoreo, con sombra, está nun radio de medio quilómetro desde a explotación[/caption]

[caption id="attachment_94273" align="aligncenter" width="660"] Esta explotación adica a maior parte das súas 60 hectáreas a pradeira e só bota 8 hectáreas de millo para ensilado[/caption]

[caption id="attachment_94294" align="aligncenter" width="660"] Traballos de sulfatado do millo nunha finca a carón da explotación que conta con regadío[/caption]

[caption id="attachment_94348" align="aligncenter" width="660"] Carro de alimentación automatizado e comedeiro sen cornadiza[/caption]

[caption id="attachment_94342" align="aligncenter" width="660"] Na zona de carga o carro automático recolle as distintas proporcións dos distintos compoñentes para a ración[/caption]

[caption id="attachment_94345" align="aligncenter" width="660"] O Lely Vector fai a mestura e distribúea polo pesebre tanto para as vacas en produción como para a recría[/caption]

[caption id="attachment_94318" align="aligncenter" width="660"] A zona de produción ten un apartado con trabantes para aquelas vacas que precisan ser tratadas ou inseminadas[/caption]

[caption id="attachment_94330" align="aligncenter" width="660"] Os boxes para as becerras en lactación atópanse nun lateral da nave principal[/caption]

[caption id="attachment_94279" align="aligncenter" width="660"] A necesidade de recría é baixa dada a taxa de reposición do 15%, polo que moitas das inseminacións son con carne[/caption]

[caption id="attachment_94270" align="aligncenter" width="660"] O establo vello, que agora acorre á recría, está construido en madeira[/caption]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada