Leite

Gran éxito de inscrición na IV Poxa de élite de gando frisón de Curtis

Loading ad.
Ad could not be loaded.
25/01/2020 9:01 p.m.

A apertura da participación na IV Poxa de Élite a todo o territorio nacional está a resultar un auténtico éxito. Solicitaron a súa inscripción un total de 75 animais neste certame que se celebrará os días 14 e 15 de marzo na localidade coruñesa de Curtis.

Tras un complicado proceso de selección -máis de 35 aspirantes contan con GICO superior a 4000 puntos- elixíronse con carácter previo 17 animais para a sua participación neste prestixioso evento.

Participarán 16 gandeirías das mellores de Galicia, Asturias, Cataluña e Castela e León, que destacan nos primeiros postos de España en calificación morfolóxica ou índices xenéticos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este ano o evento contará cun marcado acento internacional dado o atractivo da oferta de animais presentados na Poxa, que unido ó prestixio das gandeirías participantes de seguro levará ata Curtis a compradores de distintos países europeos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada