Viña

Gran Bazán, albariños atlánticos que coidan a biodiversidade

Visitamos Gran Bazán, en Rías Baixas, unha adega que foi pioneira na elaboración de albariños con maceración e que tamén se distingue nos últimos anos por proxectos de conservación da biodiversidade

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/03/2023 11:17 a.m.

A adega Gran Bazán (Vilanova de Arousa, Pontevedra) foi unha das pioneiras en elaborar na D.O Rías Baixas albariños con maceración. Falamos co seu enólogo, Diego Ríos, e coa súa responsable de exportación, Cristina Domínguez, para contarvos como traballan. Gran Bazán distinguiuse tamén nos últimos anos por proxectos de conservación da biodiversidade. Así, entre outras medidas, traballan o viñedo con cubertas vexetais e eliminaron o uso de insecticidas, substituídos por trampas de feromonas.

[caption id="attachment_194562" align="alignright" width="320"] Entrega do selo Galicia Calidade a Gran Bazán.[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outro fito da adega chegou no verán do 2022, coa recepción do selo Galicia Calidade, que se suma ós distintivos e recoñecementos que veu recibindo a adega nos últimos anos. Na Cata de Viños de Galicia 2022, por exemplo, o seu Don Álvaro de Bazán conseguiu alzarse co Acio de Ouro na sección de Viños de Colleitas anteriores, obtendo desta maneira o máximo recoñecemento na súa categoría. Mentres, o viño Limousin foi distinguido co Acio de Prata na categoría de Viños de Elaboracións con madeira.

[box style="0"]

[/box]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

https://www.campogalego.gal/adegas-granbazan-pioneiros-na-maceracion-da-uva-e-crianza-en-barrica-en-rias-baixas/

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada