Viña

Godeval Cepas Vellas 2013, entre os 100 mellores viños do mundo para Wine Spectator

Loading ad.
Ad could not be loaded.
18/11/2015 11:52 p.m.

A adega valdeorresa Godeval conta cunha das súas marcas de godello na lista dos 100 mellores viños do mundo que cada ano saca a revista americana Wine Spectator. No posto 36 sitúase o Viña Godeval Cepas Vellas do 2013 con 92 puntos e converténdose no único viño branco galego (DO Valdeorras) que se atopa nesta lista.

Na lista dos mellores viños do mundo deste ano hai 11 viños españois e entre eles, só un galego, o Viña Godeval Cepas Vellas 2013 no posto 36. Na descrición que na listaxe da revista fan deste viño 100% godello sobre leas falan de: “Este atractivo branco entrega unha ampla gama de sabores cunha suave textura, un branco fresco, cunha acidez ben integrada que mantén o centro de atención. Melón, coco, sabores afumados e especiados mestúranse harmoniosamente nun suave e luxoso padal. Os elementos minerais son frescos e persistentes. Godello. Beber agora e ata o 2018”.

A publicación da lista desta publicación americana realízase desde o ano 1998 e ano tras ano foi crecendo en popularidade, na primeira edición catáronse 3.000 viños e a maioría procedían de Italia, Francia e Estados Unidos. Co paso dos anos fóronse ampliando fronteiras e este ano informan que se cataron algo máis de 18.000 viños procedentes de 63 rexións vinícolas. Un traballo realizado por 9 expertos do que finalmente saíu o Top 100.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada