Leite

As ganderías de Xundeva progresan no control de enfermidades

A Agrupación de Defensa Sanitaria, que engloba a un milleiro de explotacións do Deza-Tabeirós, presenta o balance do último exercicio durante os seus XIII Encontros Gandeiros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 27/10/2017 1:05 p.m.

A Agrupación de Defensa Sanitaria (ADS) Xundeva, que engloba a case un milleiro de explotacións gandeiras das comarcas do Deza e Tabeirós, aproveitou os seus XIII Encontros Gandeiros para presentar o balance do último ano. Os datos revelan que o control de enfermidades na ADS mellora ou mantén números similares ó último exercicio. A coordinadora dos servizos veterinarios da agrupación, Gloria Martínez, apuntou tamén un dos retos pendentes, a mellora dos procesos de desinfección, desinsectación e desratización nas granxas.

O Encontro Gandeiro de Xundeva, que se desenvolveu onte en Lalín co patrocinio de Hipra, contou coa asistencia de arredor dun cento de produtores e técnicos. A cita incluíu unha serie de ponencias técnicas orientadas á prevención e control de axentes infecciosos. A xornada serviu para poñer de manifesto unha conclusión da que os produtores non son sempre conscientes, a prevención é rendible. Aforra perdas en leite que se deixa de producir ou que perde calidade, e evita gastos maiores en animais de descarte ou nos que hai que investir en cuestións veterinarias.

Os mellores datos corresponden ó control do IBR. Só 14 granxas de 972 presentaron positivos

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O balance do último ano da ADS Xundeva amosa que a situación sanitaria das granxas é positiva. Os mellores datos corresponderon ó control do IBR, que mellorou no último exercicio. Só 14 granxas dun total de 972 presentaron positivos, en tanto 496 rexistraron o mellor estatus sanitario posible, 90 máis que a anterior campaña.

En Bvd, houbo só 36 granxas que presentaron infeccións, en tanto 754 tiñan o mellor nivel posible. O control do Bvd atópase nun bo nivel, pero o feito de que sexa unha enfermidade altamente contaxiosa fai que a súa evolución sexa variable. Se un ano se producen focos en granxas que non están na ADS, é probable o impacto sobre explotacións do entorno, por moito que teñan maiores medidas de bioseguridade.

A paratuberculose é a enfermidade na que a ADS recoñece máis dificultades de avance, dada a imposibilidade de detectar o problema en animais novos. Xundeva rexistrou 95 casos con positivos, en tanto 482 granxas presentaron o mellor estatus sanitario posible.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

"Os gandeiros están cada vez máis concienciados en facer as cousas ben" (Gloria Martínez, Xundeva)

Outro dos campos nos que traballa a ADS é a desparasitación, con case 30.000 animais desparasitados na última campaña. “O balance da situación das granxas é positivo e hai que subliñar que os gandeiros están cada vez máis concienciados en facer as cousas ben. Se por exemplo, unha explotación vai incorporar animais doutra gandería, o normal agora é que nos avise para que lles fagamos as probas ós animais na súa granxa de orixe, a fin de garantir que as vacas que entran na explotación están en bo estado sanitario”, explica a coordinadora dos servizos veterinarios de Xundeva, Gloria Martínez.

Limpeza e desinfección
A parte de bioseguridade que queda por mellorar nas explotacións é a referente ás tarefas de desinfección, desinsectación e desratización. “É a parte que se fai en xeral menos ben”, recoñece Gloria, que expuxo nos Encontros de Xundeva as principais cuestións de hixiene a traballar nas ganderías. Pódense resumir en catro puntos:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

- Limpeza das instalacións. Se non hai unha axeitada limpeza da granxa, a desinfección da explotación faise imposible. É preciso tanto o coidado das zonas exteriores da gandería como a limpeza do interior, incluíndo teitos, paredes, leitería e zonas de uso dos animais (camas, corredores, comedeiros, bebedeiros, etc.).

Unha boa limpeza inclúe a retirada de materia orgánica en seco, un prelavado, un lavado con deterxente e o aclarado final. O proceso permite rematar con gran parte dos axentes infecciosos que poden estar presentes nunha explotación: “De 50 millóns de bacterías por centímetro cadrado que pode haber antes da limpeza, pódese pasar de media a 100.000 ó rematala, antes de facer a desinfección”, sinala a coordinadora veterinaria de Xundeva.

- Desinfección. O rociado cunha solución desinfectante é o punto final das operacións de limpeza e un complemento necesario da desparasitación do gando. Se se desparasita o gando e a hixiene da gandería non é a axeitada, o traballo é en balde.

- Control de moscas, que son un axente de estrés para as vacas, a parte de transmitir enfermidades. Unha boa limpeza, unida á ventilación das instalacións, contribúen a evitar a súa presenza. Faise preciso tamén o uso de larvicidas e adulticidas cando corresponda.

- Desratización. O ambiente cálido e a dispoñibilidade de comida que hai nos establos son un hábitat propicio para ratas e ratóns, o que fai preciso un bo plan de desratización. E como se lembrou nas xornadas, non se aceptan gatos como axentes de desratización.

[box style="0"]

Xundeva en cifras

- Xundeva conta con 972 granxas de sete concellos das comarcas de Deza e Tabeirós (Lalín, Vila de Cruces, Rodeiro, Dozón, Agolada, A Estrada e Forcarei). Son 44 menos que o anterior exercicio. A gran maioría das que deixaron a ADS pecharon por xubilación.

- A media de animais sobe en relación á anterior campaña (45,5 no 2017 por 45 do 2016) e a media de reprodutoras tamén ascende (29,7 por 29,2).

- As ganderías asociadas á ADS contan con 25.300 animais de leite, 2.800 de carne e 13.000 de recría. Un dato negativo do balance é que hai 3.000 animais de recría menos que na pasada campaña.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada