Carne

Ganderías de Rubia Galega premiadas en ExpoLugo-A Rural

A gandería Castrocán de Samos, foi a máis galardoada e a que levou o premio ao mellor lote

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/10/2022 8:18 a.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega celebrou este sábado no Pazo de Feiras de Lugo o seu día grande, coa entrega de diplomas aos 19 xuíces de rubia galega, todos eles gandeiros e gandeiras de Acruga que obtiveron o certificado que lles permite valorar animais desta raza, e que lles acredita como xuíces amateur, auxiliar e principal.

Pero antes de recibir o seu diploma, tiveron que pasar un último exame complicado: cualificar aos aproximadamente 100 animais que competían no concurso morfolóxico, para decidir os gañadores deste certame.

A gandería Castrocán, de Samos, con Manuel López Quiroga á cabeza, foi a que levou máis premios, entre eles, o de mellor lote. Xunto a esta explotación de Samos, tamén foron distinguidos animais procedentes das explotacións de Santalla e de Alfredo Méndez Cáceres (O Corgo); Penín Puente, a Morena e Óscar Santos (Friol); e da gandería de María Luz Penín Rouco (Castroverde).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[caption id="attachment_182537" align="aligncenter" width="660"] Xuices diplomados[/caption]

[caption id="attachment_182531" align="aligncenter" width="660"] Premio ao mellor lote[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada