Carne

A gandería deberá baixar un 15% as emisións ligadas ó cambio climático

A Comisión Europea estuda axudas no marco da PAC post-2020 para que o agro cumpra cos obxectivos da Cumbre de París, pola que a UE se comprometeu a reducir un 40% as súas emisións en relación a 1990

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/12/2016 9:05 a.m.

O agro encara un triple reto ligado ó cambio climático. O quecemento do planeta ameaza con reducir as producións agrarias, se ben a demanda de alimentos medrará polo aumento da poboación mundial. Paralelamente, esíxelle a agricultores e gandeiros que reduzan as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. En Europa, a esa redución xa se lle poñen cifras. Espérase que chegue ó 15% no 2030.

A gandería europea enfrontarase nos próximos anos á obriga de reducir as súas emisións. A responsabilidade das emisións no campo divídense principalmente entre o sistema dixestivo dos rumiantes (42%), estercos (15% ) e manexo do solo (uso de fertilizantes, estercos, laboreo, etc.), que provoca o 38% das emisións.

En caso de que haxa axudas para reducir as emisións, Galicia baixará a súa produción de carne de vacún só nun 2-3%, segundo a Comisión

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A necesidade de limitar os gases de efecto invernadoiro provocará un impacto en especial no vacún de carne, segundo o Joint Research Center (Centro de Investigación Común), dependente da Comisión Europea. O Centro baralla dous posibles escenarios. Un no que os produtores conten con axudas para facer esforzos de mitigación na emisión de gases, e outro sen axudas.

Na hipótese de que os gandeiros non tivesen axudas, o Joint Research Center prevé unha redución da produción de vacún de carne e un aumento das importacións en toda Europa. No caso galego, o centro cuantifica o descenso da produción para o 2030 entre un 5 e un 7%. Territorios veciños como Asturias ou norte de Portugal sufrirían un impacto maior, con perdas da produción do 8 ó 15%.

En caso de que houbese axudas para os gandeiros, as perdas de produción derivadas da redución das emisións limitaríanse no caso galego a un 2-3%, segundo as estimacións do Joint Research Center.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Medidas para reducir as emisións
As opcións para reducir as emisións no agro céntranse en aspectos como os seguintes:

- Gandería: aumento do rendemento leiteiro por animal, cambios e mellora na eficiencia da alimentación dos rumiantes, produción de biogas con residuos gandeiros.

- Cultivos: mellora na eficiencia do uso de fertilizantes nitroxenados, reducir o laboreo de solos ricos en materia orgánica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O Joint Researh Center avoga por fomentar a produción de biogas gandeiro e por técnicas de cultivo como a agricultura de conservación, baseada nun mínimo laboreo, o que reduce as emisións e os gastos de enerxía da maquinaría agrícola.

[box style="0"]

Gases de efecto invernadoiro por sector

Na Unión Europea, a responsabilidade de reparto de emisións divídese entre os seguintes sectores:

- Enerxía: 77%
- Industrias: 8,8%
- Agricultura, 10,2%
- Residuos, 3,4%
- Sector forestal: -7,2% (Captura gases de efecto invernadoiro).

A emisión de gases de efecto invernadoiro no agro europeo reduciuse por riba do 20% desde 1990, pero se non se fai nada máis, ata o 2030 só se baixará un 2,3% máis. Os obxectivos da Comisión Europea apuntan a unha redución de emisións no agro dun 15% ó longo da próxima década.

O país que se atopa con máis problemas polas emisións gandeiras é Irlanda, pois ata un 30% dos seus gases de efecto invernadoiro corresponden á agricultura. Lituania e Letonia superan o 20% e Francia e Dinamarca rondan o 18%. En España, as emisións do agro rondan a media europea, cun 11,1%.

[/box]

Máis información
- O cálculo da pegada de carbono, un reto para a gandería galega.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada