Leite

Gandería de leite de Ordes ofrece posto de traballo estable

Del Río Deus SC busca un traballador de apoio para realizar tarefas como muxir ou facer as camas. Valórase experiencia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/06/2021 1:09 p.m.

A gandería Del Río Deus SC de Ordes ofrece posto de traballo estable e con incorporación inmediata para realizar labores de apoio no día a día desta explotación familiar de producción de leite.

Trátase dunha gandería con instalacións modernas que dobrou hai 7 anos o número de animais e que está a muxir neste momento unhas 140 vacas. Os horarios de muxido teñen lugar ás 7 da mañá e ás 6 e media da tarde nunha sala de 14 puntos. 

Á fronte desta explotación atópase José e o seu fillo Miguel, que buscan un empregado de reforzo. Valórase experiencia en posto semellante e que a persoa sexa responsable no traballo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Experiencia en manexo do gando

[caption id="attachment_146175" align="aligncenter" width="660"] O establo conta con limpeza automática e da alimentación encárgase unha CUMA da zona[/caption]

As tarefas a realizar consistirían fundamentalmente en muxir e acondicionar camas, así como outras necesidades puntuais que puideran xurdir dentro do que é o manexo do gando. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Non é necesario dispor de carnet de conducir, xa que non habería que traballar con maquinaria. A alimentación do gando na explotación realízase mediante o carro mesturador dunha CUMA da zona. 

Día e medio de libranza á semana

En canto ás condicións do posto, o horario de traballo sería en xornada partida e con día e medio de libranza á semana. Tanto os días de descanso como as vacacións a disfrutar serían flexibles en función da organización do traballo na granxa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A gandería está ubicada na parroquia de Lesta, a 6 quilómetros da capitalidade municipal, na estrada que vai de Ordes a Carballo. 

As persoas interesadas no posto de traballo poden poñerse en contacto con José no teléfono 660 940 407

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada