Ademais deste título, cuxo galardón foi patrocinado por Abanca, outorgouse o Reserva Gran Campioa, que recaeu en Rey 814 Beemer Yuri, de SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo).
En canto ao XXXI Concurso Autonómico, patrocinado por Xenética Fontao a vencedora foi Rey 814 Beemer Yuri, subcampioa do concurso Internacional. A Reserva Gran Campioa recaeu en Cid Delta Megan, de gandería Cid, de Barreiros (Lugo).
Por outra banda, o galardón de Mellor Criador de Galicia, patrocinado por Xenética Fontao, recaeu na gandería SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza (Lugo), sendo subcampioa a gandería Cid, de Barreiros (Lugo). O premio ao Mellor Criador Internacional, patrocinado por Ferplan, recaeu tamén na gandería SAT Rey de Miñotelo, de A Pastoriza, mentres que a subcampioa foi a gandería Cudaña, de Valdáliga (Cantabria).
En canto á Mellor Gandería de Nova Participación, no concurso Autonómico foi gandería Rubio, de Santa Comba (A Coruña), sendo o segundo posto para A Lagoa Serabel, de Xermade (Lugo). No Internacional a mellor foi a gandería Casa Venturo, de Salas (Asturias), acadando o segundo posto a gandería Sarobe, de Karrantza, Bizkaia (País Vasco).
O mellor manexador do concurso foi Germán Fernández Muñoz, de Salas (Asturias).
En total, aos certames presentáronse 165 animais de ganderías procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela-León e Cataluña. Organizados por la Federación Frisona Galega (Fefriga) en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia, foron xulgados por Brian Carscadden, da Asociación Holstein de Canadá.
Consulta aquí los resultados completos
#cimag23 #gandagro23 #ganderia #agricultura