Leite

Gandería Carballeiras logra o premio ao mellor criador e á mellor xovenca en Feiradeza

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/07/2017 10:16 p.m.

A gandería Carballeiras, de Lalín, logrou este sábado o premio ao mellor criador de xovencas no XXII Concurso de Gando Frisón Feiradeza, o certame gandeiro que entre hoxe e mañá domingo se celebra na capital do Deza. Como segundo mellor criador, situouse a explotación Gandería Argelina, de Forcarei.

En canto ao concurso de xovencas, a gran campioa foi Carballeiras Beemer Niura, de gandería Carballeiras, que tamén logrou o segundo trofeo con Carballeiras Wickham Troika. A xata subcampioa foi Baroncelle Hok Novilla, de gandería Rato.

Feiradeza continuará mañá domingo co concurso de vacas de leite, ás 10:30 horas, e ás 13:30 horas coa poxa de gando frisón e coa entrega de premios e sorteos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Consulta aquí todos os resultados do concurso de xatas, xovencas e criadores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada