Axenda

Gandeiros galegos visitarán a cooperativa GAZA, un referente na transformación do leite

18/10/2018 2:54 p.m.

Os vindeiros días 5 e 7 de novembro celebrarase a “Xornada Técnica: As Posibilidades da Transformación de Produtos Lácteos”, que organiza a Oficina Agraria Comarcal de Lugo, en colaboración coa Aula de Productos Lácteos da Universidade de Santiago e o colectivo de gandeiros AGROMURALLA.

Programa

Día 5 de novembro:

APLTA (Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías AlimentarIas (USC) – Rúa Montirón 150 – Lugo)

16:00h As industrias lácteas: visión xeral e principais liñas de transformación do leite.

18:00h Os produtos lácteos. Que hai no mercado? Os produtos lácteos vinculados á tecnoloxía.
Impartido por persoal técnico da APLTA-USC

Día 7 de novembro, mércores (viaxe a Zamora)

7:00h Saída en autocar da APLTA (rúa Montirón 150 - Lugo)

11:00h Visita á cooperativa GAZA en Zamora (o xantar será por conta de cada quen)

20:00 Chegada a Lugo (APLTA)

Inscrición: Presentar as solicitudes na OAC de Lugo antes das 14:00 h do día 5 de novembro, por fax: 982294937 ou mail: xbruna@xunta.es

Esta acción de transferencia está incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2018.

Descarga aquí o programa.

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Etiquetado
Ir a la portada