Carne

Gandeiros galegos reclaman axudas pola seca como as establecidas noutras Comunidades Autónomas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
26/06/2017 10:48 a.m.

Castela e León sumouse ás comunidades de Estremadura e da Rioxa e estableceu axudas propias para as ganderías afectadas pola seca, un apoio que tamén reclaman da Xunta de Galicia os gandeiros da provincia de Ourense, que padecen unha situación similar debido a unha das primaveras máis secas en décadas.

Así, a Junta de Castilla y León aprobou este venres un acordo polo que se declara a campaña agrícola 2016-2017 como excepcional debido aos efectos climatolóxicos adversos e establece medidas urxentes de apoio ao sector agrario.

En concreto, a Consellería de Agricultura e Gandería destinará axudas a garantir a subministración de auga ás explotacións gandeiras en réxime extensivo de aproveitamento de pastos; consistirá en subvencionar o 50% do gasto, cun máximo de 4.000 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A axuda deberá investirse na construción de estruturas para o abastecemento de auga. Tales como balsas de almacenamento ou abrevadeiros; adquisición de cisternas ou abrevadeiros móbiles; e a contratación do servizo de abastecemento de auga.

Ademais, e entre outras medidas, a declaración excepcional levará consigo flexibilizar requisitos impostos pola normativa europea; que nesta campaña non poderán cumprirse pola situación dos cultivos, moi afectados pola seca e xeada. Esta flexibilización afectará a parte das axudas da PAC e a medidas do Programa de Desenvolvemento Rural de Castela e León. Como agroambientais, ecolóxica e no cumprimento dos plans de mellora de explotacións acollidos a axudas a investimentos.

Na Rioxa o goberno rexional tamén habilitará axudas directas a gandeiros profesionais -a título principal con Seguridade Social Agraria- para aliviar, en parte, a situación de custos que padece a gandería extensiva, como consecuencia da seca..

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As axudas directas dirixidas a gandeiros profesionais de ovino, caprino e vacún oscilarán entre 3.000 e 5.000 euros por explotación e equivalen a 3-4 euros para o caso de ovino e entre 10-15 para o caso de vacún.

En Galicia, con todo, a Consellería do Medio Rural non ten previsto polo momento establecer unha liña de axudas propia para as explotacións gandeiras afectadas pola seca.

Moratoria nos cotas á Seguridade Social para as ganderías afectadas pola seca

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En paralelo, o Ministerio de Agricultura acaba de aprobar o Real decreto-lei con medidas urxentes para mitigar as perdas agrícolas provocadas pola seca. Entre as principais atópase a facilitación de acceso a créditos de liquidez, algo que se reserva para os agricultores das concas do Duero e Júcar, en situación de alerta, e na do Segura, en situación de emerxencia. En Galicia, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil mantén a situación en prealerta de seca.

Ademais, e para todo o territorio español, aprobouse a moratoria sen intereses dun ano ás cotizacións á Seguridade Social correspondentes aos meses de xullo do 2017 a febreiro de 2018, ambos inclusive, para as explotacións agrarias e gandeiras.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada