Leite

Gandeiros galegos e asturianos bloquean a planta de Reny-Picot en Asturias

O bloqueo produciuse onte ás doce da noite por unha trintena de gandeiros galegos e asturianos que cortaron a entrada da planta da multinacional francesa en Navia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/09/2015 1:57 p.m.

Unha trintena de gandeiros galegos e asturianos procedentes das comarcas do Eo-Navia e da Mariña Lucense manteñen dende onte ás doce da noite bloqueada a planta da multinacional francesa Reny Picot en Navia, Asturias.

O bloqueo produciuse formando unha cadea humana na entrada da fábrica, sen tractores, e segundo o responsable de gandería de Unións Agrarias, “proseguirá o longo da tarde” . Esta acción supón un salto cualitativo xa que é a primeira industria láctea que se bloquea fóra de Galicia dentro da campaña de mobilizacións dos gandeiros galegos para esixir prezos sostibles e estables para o leite.

Segundo Javier Iglesias, “o bloqueo de Reny Picot obedece a que é a segunda industria en recollida de leite de Galicia”, gran parte do cal se transforma en leite en pó, con baixos prezos para os gandeiros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Iglesias anima aos gandeiros a seguir mantendo os bloqueos e a folga de entregas de leite: “Nada de renderse; a industria e a distribución están dando pasos positivos pero insuficientes e temos que manter a mobilización”, asegura.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada